Skip to Content

Acto

Perdouro Respecta

Acto conmemorativo no día contra a violencia de xénero no IES Perdouro.
Sumámonos á compaña de sensibilización En Negro Contra as Violencias.
Será ás 11h no recreo. Abrirase o acto coa lectura duns textos redactados por un grupo de alumnos/as. A continuación alumnos/as de 3º ESO cantarán unha peza. Para clausurar o acto faremos unha foto de grupo coa máxima participación da comunidade educativa do centro. As cores negra e violeta serán a protagonista.
 
Vémonos mañá ás 11h! 

Recital poético Especial Paco Rivas

O pasado luns 17 de maio tivo lugar no auditorio da Casa da Cultura de Burela un acto poético adicado á poesía de Paco Rivas.
 
Paco Rivas vive moi preto de Burela, na parroquia de Nois, no concello de Foz. El é poeta, pero tamén narrador, lexicógrafo, docente, locutor... 
 
A nosa profesora Miruca Parga contounos que o escoitara en varias presentacións dos seus libros, pero que foi na Feira do Libro de Foz, cando comprou a escolma que logo nós lemos. ... seguir lendo a crónica de Saray Barro e Alejandro Fernaández de 2º de ESO no blogue de perdourando.

 

Acto conmemorativo do día contra a violencia de xénero

Esta mañá tivo lugar o Acto conmemorativo do día contra a violencia de xénero sumándonos á compaña de sensibilización En Negro Contra as Violencias.
 
O acto foi conducido por Carla Fra, alumna de 1º de Bach. Lembrou que o vindeiro 25 de novembro é o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, unha data para denunciar a violencia que se exerce sobre as mullleres en todo o mundo e para reclamar políticas en todos os países para a súa erradicación. En nome dos seus compañeiros manifestou a súa repulsa contra calquera acto de violencia machista, que a día de hoxe, en pleno século XXI, aínda se produce na nosa sociedade.
Miguel Fernández foi o encargado de ler o seu Manifesto. Despois da lectura doutro texto feita por Raisa e Cristián de 1º de Bach, o alumnado de 3º de ESO cantou un rap "Non significa NON". Despois desta pausa musical, Álvaro Fernández e Alejandro Fernández de 2º de ESO, Manuel Paz e Iván Pernas de 1º de Bach. leron cada un os seus relatos que nos axudaron a reflexionar un pouco máis sobre este tema.
Para clausurar o acto o alumnado de 3º de ESO cantaron e bailaron a canción de Rozalén, La puerta violeta, todo un himno contra as agresións machistas. 
E finalmente pechouse o acto posando para unha foto con toda a comunidade educativa do centro e dicindo ben alto o Perdouro Respecta.
Contamos cunha pancarta co noso lema Perdouro Respecta feita en Plástica polo alumnado de 3º de ESO. Agradecemos a Laura Pernas a súa participación ao piano así como o dpto de Electrónica por encargarse da megafonía.  
 

Anunciando o acto do 25 N

Alumnas de 2º de Bach foron esta mañá por todas as aulas para anunciar que mañá, xoves, día 22 de novembro temos programado no recreo un acto  conmemorativo do 25 N. Elas trataron de sensiblizar os seus compañeiros na necesidade de respaldar esta importante mobilización.
Accede ás fotografías aquí.
Distribuir contido


by Dr. Radut