Skip to Content

Samaín

Un conto de terror na biblioteca - Samaín 2019

Este curso o alumnado de 3º ESO PMAR quixo repetir a experiencia e organizou un pase na biblioteca para asistir á representación dunha historia terrorífica propia para celebrar o Samaín. Unha vez perfilada a narración da historia houbo que darlle uns xiros e asignar os cargos de técnico imaxe e son (Rafa), de voz en off (Andrea), e o reparto (Isaura, Érica e Bruna) así como a ambientación decorativa da biblioteca. Finalmente logo duns poucos ensaios, chegou o día. 
O público achegouse masivamente á biblioteca durante o recreo do pasado mércores 30 de outubro. Non só asistíu o alumnado de 1º de ESO, senón que tamén viñeron moitos outros. Mergullado nunha atmósfera de manicomio, o público foi sorprendido por unha nai en busca da súa filla e outras almas perdidas devoradoras que desatou a histeria total entre o público. 
Felicitamos o traballo en equipo e o seu bo resultado destes alumnos así como da súa profesora, Sandra, esperando que volvan outro día a sorprendernos na biblioteca. Parabéns !!!
 
Accede á reportaxe fotográfica aquí. 

Samaín na biblioteca

O alumnado de 2º ESO PMAR preparou coa axuda da súa profesora Eva Fernández unhas lecturas dramatizadas para o día de Samaín. Escolleron dous relatos terroríficos recollidos do folclore norteamericano por Alvin Schwartz. O relato titulado "Ruidos" foi gravado coa axuda da profesora Marga López para distorcionar a voz de Rafa e engadir música tenebrosa e efectos especiais  terroríficos. O outro relato foi lido por Andrea en directo e titulábase "A cousa". En ambas dúas representacións os alumnos fixeron de actores dramatizando a lectura dos textos. O público que se achegou ata a biblioteca durante o recreo do pasado mércores 31 de outubro pasou moito moito medo. Mergullado na total escuridade, o público foi sorprendido por un monstruo que lle saltou encima o que ocasionou a histeria total. 
Podemos felicitar este primeiro traballo destes alumnos esperando que volvan outro día a sorprendernos na biblioteca. Parabéns Andrea, Bruna, Érica, Isaura e Rafael!
 
 

Accede aquí as fotografías.

Samaín

 

Distribuir contido


by Dr. Radut