Skip to Content

Alumnos de 1º de Bach. nas Covas do Rei Cintolo de Mondoñedo

Expedición á cavidade cárstica máis importante de Galicia: as Covas do Rei Cintolo de Mondoñedo

Coincidindo co día mundial do medioambiente, un grupo de alumnos de 1º de Bacharelato acompañados por Monste Freire, a súa profesora de Bioloxía, desprázouse ata Mondoñedo co propósito de ampliar o seu coñecemento en materia de Xeoloxía na Cova do Rei Cintolo, o maoir complexo cárstico de Galicia, con máis de 6.500 metros de galerías. Alí realizaron un percorrido en forma de U sobre un tramo de uns 300 metros. Son dúas galerías paralelas e unha baixada pronunciada que leva á sala de choivas.

Da man de Abel Vigo, o arqueólogo municipal, o alumnado descubriu o encanto que encerra este tesouro da xeoloxía galega. O guía explicoulles o gran número de formacións cársticas que se ven dentro: estalactitas, estalagmitas, columnas, coladas, bandeiras, o ollo de fechadura entre outras asi como o seu lago.

Ver reportaxe fotográfica no blogue do ENDL Perdourando


page | by Dr. Radut