O pasado 12 de novembro, os rapaces e rapazas de 1º da ESO realizaron un itinerario xeográfico e histórico pola nosa vila. Con esta actividade coñeceron e aproximáronse máis ao noso contorno , descubrindo aspectos , espazos e trazos históricos novos.
A actividade rematou coa visita á Igrexa da Vila do Medio coa análise dos elementos artísticos máis sobresaíntes, salientando entre todos eles as súas pinturas góticas sobre a paixón e morte de Xesucristo.
O alumnado sentíuse especialmente atraído polo legado cultural existente en Burela que para algúns resultou ser descoñecido.
1º ESO A | 1º ESO B |