DÉCIMO-SEPTIMA ENTREGA:
Delfina Pena é profesora de Lingua e Cultura Francesa. Estudou Filoloxía Románica, primeiro en Lugo e despois en Santiago de Compostela.
Desde hai trece anos, é a impulsora dun intercambio educativo entre a Mariña mindoniense e o corazón da Provenza. Un contacto directo, como o que fixeron os trovadores na Idade Media… mais actualizado, moderno. Unha convivencia do século XXI.
Aurélie Pello é profesora axudante de conversa. Orixinaria de Brest, na Bretaña, chegou a Galicia por vez primeira como participante nun intercambio escolar entre adolescentes de Ribadavia e daquela cidade da Costa do Amor. Durante o curso 2012 está como ensinante de lingua francesa na Mariña.
Máis outro programa Modelo Burela.
Seguídenos nas redes sociais. (Twitter e Facebook).
Podedes escoitar a tertulia aquí.