Mércores 11 de abril, decimo-quinta entrega de Proxecto Neo, o programa con protagonismo das persoas neofalantes, aquelas que se integran voluntariamente na cultura galega.
Nesta ocasión, tocaba facer irmandade entre esta terra galega e o Norte do Continente africano. Matías Nicieza presentounos a Ayoub Sabry, (Ouled Jaber) marroquino de 17 anos, que chegou a Ferreira só hai catro anos. Estuda un ciclo de automoción no CIFP Porta da Auga. A súa paixón é o fútbol, e actualmente xoga no equipo de Alfoz.
Proxecto Neo nº 14 - Convidado: Ayoub Sabry on PhotoPeach
Seguídenos nas redes sociais. (Twitter e Facebook).
Podedes escoitar a tertulia aquí.