Skip to Content

PROXECTO NEO - Nº12

Mércores 28 de marzo, nesta décimo-terceira entrega de Proxecto Neo, damos o protagonismo a nosa audiencia.

Conversamos por teléfono con Xurxo Martínez González, un filólogo vigués de Coia que nos contou a súa participación no colectivo sociocultural a Nave das Ideas.

Continuamos coa testimuña da neofalante, Marina Porteiro Deloño, alumna de 4º ESO, bisneta de Luis Porteiro Garea, un dos fundadores das Irmandades da Fala de Lugo asi como co seu profesor de Lingua galega, Sechú Sende.

Dende a Coruña, falamos con Julio Peinó, arquitecto, que nos sensibilizou coa súa experiencia coas linguas.

E para terminar, Cristina García, economista de Lugo, falounos do uso do galego no ambiente universitario.

Seguídenos nas redes sociais. (Twitter e Facebook).

Podedes escoitar o programa aquí.



page | by Dr. Radut