COORDINACIÓN - PROXECTO NEO |
|
María Xosé Andión Fontela |
María Xosé Andión (Crecente - Pastoriza; 1978), licenciada en Humanidades e en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela, conta con experiencia na edición - ocupouse desta área en Edicións Lea de Santiago de Compostela - e na dinamización, dado que tamén traballou na Oficina de Relacións Exteriores que a Universidade de Santiago ten no Campus de Lugo. Ademais de participar na organización do "Congreso Internacional de Lingüística – Léxico & Gramática" (Lugo; 2000), é autora de "Consideraciones sobre la convivencia castellano-gallego: tratamiento del fenómeno por parte de la prensa del s.XX", texto que defendeu nas II Jornadas Monográficas de la Asociación de jóvenes investigadores de Historiografía e historia de la Lengua española: El contacto de lenguas" (Lugo; 2003). Desde o ano 2006 é profesora de ensino secundario. Tras un breve período de docencia en centros de Ourense e o Carballiño, conseguiu destino definitivo no IES Perdouro, onde dirixe o departamento de Lingua castelá e Literatura. |
Tania Iglesias Pillado (Burela, 1987) é licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela (2005-2009). Posteriormente, mergullouse no mundo da docencia cursando o Mestrado en Profesorado de ESO e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas (especialidade en Servizos) na Universidade da Coruña. Polo momento, conta con experiencia en dous ámbitos periodísticos: a prensa escrita e a radio. Realizou prácticas na delegación de Burela do grupo de comunicación El Progreso S.L. e desde outubro de 2012 traballa en Radio Burela. |
Tania Iglesias Pillado |
CONTROL TÉCNICO |
1ª temporada: Senín comezou non hai moito a transmitir a arte da maxia para o público. Anque tamén estivo de lingüísta na CRTVG nos telexornais, o que lle deu a perspectiva do mundo da comunicación e da información, cousa que lle serve para aplicar todas estas metodoloxías a este mundo de ilusións. |
Senín Díaz |
2ª temporada: Juan Andrés Sainz Evans (A Coruña; 1990) realizou estudos de bacharelato no Instituto Eusebio da Guarda da súa cidade natal e actualmente está realizando no IES Perdouro o segundo curso do ciclo de formación profesional de grao medio para conseguir a titulación de Técnico en instalación de telecomunicacións. Desde os meses de xullo e agosto ten experiencia laboral nos ramos da hotelaría e da montaxe de estruturas metálicas ou de madeira destinadas á realización de eventos. |
Juan Andrés Sainz Evans |
PRODUCIÓN | |
Miruca Parga Valiña |
Edelmira María Parga Valiña naceu en Lugo en 1972. É licenciada en Filoloxía Hispánica na especialidade de galego-portugués. Traballou no Arquivo Dialectal do Galego Oral do Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela e no Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega. Colaborou coa Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia na elaboración do Nomenclátor da toponimia oficial galega e tamén co Centro Dramático Galego en labores de corrección lingüística. Impartiu docencia como profesora de Lingua galega e Literatura no IES Porta da Auga de Ribadeo e no IES Marqués de Sargadelos de San Cibrao (Cervo). Na actualidade é profesora de lingua no IES Perdouro de Burela, onde tamén realiza as funcións de coordinadora do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística e da revista Maruxía, publicación que se edita no centro desde hai 18 anos.
|
María do Carmo Cociña (Xove, 1963) é licenciada en Filoloxía Románica (1985) e Galego-Portuguesa (1987) pola Universidade de Santiago de Compostela. Tras ter exercido a docencia en Escolas de Idiomas e en centros de ensino secundario de Trives e Cedeira, desde 1990 ensina Lingua e Literatura no Instituto Monte Castelo de Burela. En calidade de coordinadora do Equipo de Normalización Lingüística impulsou o Certame Literario da Mariña, que serviu para descubrir novas voces do panorama literario galego (Oliver Escobar, Martiño Suárez, Olalla Cociña...); e mantén mensualmente un dilatado programa de actividades centradas na lingua, a literatura e a cultura popular. Desde o curso 2009-2010 está integrada no grupo de innovación educativa que reúne profesorado de varios centros da Mariña e que realiza intervencións educativas coñecidas coa denominación "Modelo Burela". |
Carme Cociña Cociña |
LOCUCIÓN E REALIZACIÓN | |
Bernardo Penabade Rei |
Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago, complementou estudos na especialidade de Filoloxía Hispánica. Simultaneamente, mediados os 80, con Luís Poupariña desenvolveu unha intensa actividade na comisión de cultura da Residencia Universitaria ‘Burgo das Nacións’, onde impulsou a convocatoria dun célebre Certame Literario que serviu para descubrir novos valores das nosas letras. |
Karina Parga Chao naceu en Joigny (Francia) en 1975. É licenciada en Filoloxía Francesa pola Univerdidade de Santiago de Compostela. Dende 2003 é profesora de Francés no IES Perdouro de Burela. Ten baixo a súa responsabilidade a vice-dirección de actividades complementarias e extraescolares e, ademais, é dinamizadora da biblioteca escolar do centro. |
Karina Parga Chao |