27 de xuño | VIVO NA RÚA CELSO EMILIO FERREIRO | |
|
O pasado mércores 27 ás 11 na biblioteca iniciouse en Burela a campaña Vivo na rúa Celso Emilio Ferreiro, promovida por Cultura e Educación. Ler máis ... |
|
22 de xuño | 1º Bach |
Visita á Cova do Rei Cintolo |
|
Un grupo de alumnos de 1º de Bacharelato acompañados polos seus profesores de Bioloxía ampliaron os seus coñecementos en materia de Xeoloxía na Cova do Rei Cintolo, o maoir complexo kárstico de Galicia, con máis de 6.500 metros de galerías. Realizaron un percorrido en forma de U sobre un tramo de uns 300 metros. Son dúas galerías paralelas e unha baixada pronunciada que leva á sala de choivas. |
|
Rei Cintolo descubre todos os seus encantos dende Mondoñedo |
||
21 de xuño | ||
ACTO PRESENTACIÓN REVISTA MARUXÍA Nº 18 - ENTREGA DE PREMIOS VI CONCURSO DE RELATOS | ||
O pasado xoves 21 de xuño, na biblioteca do IES Perdouro, Juan Sama, director do IES Perdouro, Miruca Parga, coordinadora do EDNL, e mais o alumnado de 1º de bacharelato presentaron a revista escolar Maruxía nº 18, acompañados por Ramón Blanco e Laura Ramos, ex-alumna do centro. |
||
Charla afectivo-sexual Dr. Cristobal Garfia | 1º Bach |
|
O alumnado de 1º de Bach recibiu unha charla sobre educación afectivo-sexual impartida polo xinecólogo, Dr. Garfia, co obxetivo de capacitar e preparar aos adolescentes no manexo responsable e asertivo da súa sexualidade. | ||
12 de xuño | 4º ESO |
MENTALÍZATE |
CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN SOBRE ENFERMIDADES MENTAIS | ||
Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña, impartiu ao alumnado de 4º de ESO este martes 12 de xuño un obradoiro co obxectivo de sensibilizalo ás enfermidades mentais. |
||
11 de xuño | ||
ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MEDIO DE COMUNICACIÓN DIXITAL CRONICA3.COM | ||
No acto celebrado o pasado luns 11 de xuño ás oito da tarde interviron, Juan Sama Diez, Director do IES Perdouro, Karina Parga Chao (Vicedirectora), Miruca Parga Valiña (Área de Innovación Educativa), Anxo Rivas Pardeiro (Locutor de Radio Foz) e Alfonso Otero Regal (Ceramista). En representación de Crónica3.com, Emilio González Legaspi expresou o seu profondo agradecemento a este apoio e recoñecemento público ao labor xornalístico e desinteresado dos membros de Crónica3. |
||
Visita do alumnado de 6º de primaria do CEIP Virxe do Carme |
||
17 - 21 de maio | 4º ESO | |
Xa podemos ver a reportaxe fotográfica da viaxe a Londres realizada polo alumnado de 4º de ESO e 4º PDC. Exhíbese estes días no hall de entrada. Excelente traballo profe! |
||
11 de maio |
Modelo Burela |
|
O Modelo Burela protagoniza o programa Luar da TVG | ||
15 persoas da Mariña viaxaron o pasado venres 11 de maio a Santiago de Compostela para participaren na emisión do Luar da TVG, un programa que estivo dedicado á conmemoración do Día das Letras Galegas. A delegación estivo encabezada pola Vicedirectora do IES Perdouro, Karina Parga Chao, e nela figuran diversas persoas da Mariña, todas elas cun vínculo especial: a súa procedencia de máis alá das nosas fronteiras e a máis que aceptable integración na nosa cultura. Ler máis...
|
||
Final de curso 2012 | 2º Bach. |
Orla |
Xa está lista a foto de orla de 2º de Bacharelato. Podedes recollela en Foto Sergio. |
||
16 de maio | 4º ESO |
Correlingua |
Fotos da lectura do manifesto feita polos alumnos/as de 4º de ESO o pasado 16 de maio en Viveiro no Correlingua 2012. Aquí.
|
||
30 de abril |
Modelo Burela |
|
Modelo Burela : Sesión de dinamización co Secretario Xeral de Política Lingüística | ||
O Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia visitou Burela o pasado 30 de abril para coñecer en profundidade o desenvolvemento do programa de integración intercultural “Modelo Burela”, impulsado pola área de innovación educativa do Instituto Perdouro, en colaboración con outros centros educativos da Mariña e co propio Concello de Burela, que aprobou un Proxecto de Planificación Lingüística en abril de 2008.
|
||
30 de xaneiro |
Celebrando o día da Paz |
|
|
A elaboración do Guernica gravado en control numérico foi un dos traballos realizados polo grupo de 2º de Mecanizado neste curso. O proceso é bastante laborioso, xa que primeiro tivemos que facer a partir dunha imaxe do Guernica baixada de internet o debuxo en autocad e despois de ter o debuxo preparado coas medidas que nos queriamos (2280mm por 1140mm), tivemos que facer un puzzle coas mesmas medidas que o cadro cun tamaño de peza que nos servira para as dimensións da nosa fresadora de control numérico cun total de 98 pezas, estas pezas foron cortadas mediante a técnica de corte por auga, e logo mecanizamos en control numérico o debuxo que lle correspondia a cada peza. |
|
Unha vez feitas todas as pezas foron pegadas nun taboeiro e logo fixemos un marco de aceiro inoxidable, que previamente foi feito cun proceso de conformado en máquina plegadora. En resumo: este proxecto foi feito integramente mediante procesos de mecanizado ;deseño en autocad, corte por auga a presíon, elaboración e simulación dos programas de control numérico con programas especificos (Win unisoft, e Win DNC), mecanizado con fresadora CNC, conformado do marco con cizalla, maquina plegadora e serra, axustes finais con ferramentas manuais (lima, martelo, trade e amoladora). Noraboa aos alumnos de 2º CM Mecanizado e o seu profesorado do departamento. |
||
Martes 31 de xaneiro | 2º ESO |
O Museo e o patrimonio cultural lucense |
Charla a cargo de Aurelia Balseiro García, Directora do Museo Provincial de Lugo |
||
Luns 30 de xaneiro | 1º - 2º ESO | SAN XOAN BOSCO |
“Os Matos” organizou os Campionatos “San Xoán Bosco” para o alumnado de 1º e 2º de E.S.O. Ao longo do mes de xaneiro os alumnos participaron nas seguintes modalidades:
|
||
A participación foi numerosa e os vencedores, que recibiron as súas correspondentes medallas, son: Xadrez: Leo Cayo; Damas: Leo Cayo; Puzzles: Annie Farroñán e Sara García; Baloncesto: equipo de 2º B (Cristofer Cortiñas, Álvaro Ferreira, Aleixo González, Simón Rodríguez, Silvia Rozas, Elena Valle e Carlos Vaz); Fútbol Sala: equipo de 1º A (Enrique Cortiñas, Kevin Fernández, Deonildo Gomes, Jordane Gonçalves, Renato Lopes, Silvera Vicente). |
||
Martes 20 de decembro | ESO |
Simulacro guíado de evacuación |
Mércores 14 de decembro |
2º Bach. |
I Plan de Integrqación a inmigrantes - charla divulgativa |
Mércores 14 de decembro |
2º Bach. |
Charla a cargo de Suso Fernández López, Cronista Oficial de Foz - |
"Vivencias con escritores galegos" | ||
Luns 12 de decembro | 1º e 2º ESO |
Charla sobre riscos de internet |
|
||
Luns 12 de decembro |
1º Bach. |
Contacontos Coas Mans Abertas - A Tropa de Trapo |