Skip to Content

PROXECTO NEO - Nº0

PLANIFICACIÓN LINGÜÍSTICA "MODELO BURELA": PRESENTACIÓN - PROGRAMA 0

Este mércores 4 de xaneiro emítese o primeiro programa. Na entrevista participan Mª José Andión Fontela, Coordinadora do Proxecto de Innovación Lingüística do IES Perdouro, e Bernardo Penabade.

Proxecto Neo nº 0 - Convidada:Mª José Andión on PhotoPeach

Como  resultado da colaboración entre a área de Innovación Educativa do IES Perdouro e Radio Burela, todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde a emisora de Radiofusión transmite Proxecto Neo, un programa que centra o protagonismo nas persoas neofalantes en galego.

Proxecto Neo recolle as voces que se incorporaron recentemente á nosa cultura e que lle dan tanta vitalidade como os que a adquiriron na infancia. Son persoas que viñeron de Castela, de Asturias, de Andalucía, Madrid... ou que viñeron de diversos países do mundo e chegaron a Galiza e se integraron na cultura tradicional. Tamén se inclúen neste grupo as persoas das grandes cidades galegas que se comezaron a desenvolver totalmente no idioma galego sendo xa adultas.

Seguídenos en Facebook, onde vos convidamos a participar activamente.

A conversa pódese escoitar aquí.



page | by Dr. Radut