Skip to Content

Solicitude de beca curso 2022/23. Novo procedemento. Prazo ata o 16 de maio

Ábrese o prazo para solicitar beca para o próximo curso 2022/23 nos estudos postobrigatorios (BAC, CF, Universidade).

Prazo de solicitude: entre o 30 de marzo e o 16 de maio

Presentación de solicitudes:

O/A solicitante precisa firma electrónica ou Clave. Fixarse en finalizar envío ata obter resgardo de presentación.

 

FASES DE TRAMITACIÓN

1ª FASE

  1. O/A solicitante cubrirá un único formulario cos datos académicos que vai cursar. Estes datos serán provisionais e poderán ser modificados con posterioridade.
  2. Cruce de datos coa AEAT. Poderán darse 3 casos:
  • Solicitantes que reúnan os requisitos económicos: recibirán unha nota informativa na que se lles explicará que a resolución terá lugar despois de examinar os datos académicos. Terán un prazo para modificar os datos académicos, se fora o caso.
  • Solicitantes que non reúnan os requisistos económicos: comunicaráselles proposta de denegación. Poderán facer alegacións no prazo indicado.
  • Solicitantes excluídos por falta de datos: recibirán un escrito con petición de datos que deberán aportar no prazo indicado. Tamén poderán modificar os datos académicos nese momento.

Os/As solicitantes poderán consultar o estado da tramitación da súa bolsa na dirección https://sede.educacion.gob.es, no apartado "Mis expedientes".

Os prazos establecidos serán inamovibles.

 

2ª FASE

  1. Poderanse facer alegacións de tipo académico.
  2. Resolveranse todas as alegacións.
  3. Ditaranse resolucións aprobatorias ou denegatorias.


page | by Dr. Radut