Skip to Content

RENUNCIA

RENUNCIA Á FCT.

O alumnado poderá solicitar a renuncia ao módulo de FCTsegundo se establece  na Orde do 28 de febreiro de 2007 pola que se regula o módulo profesional de formación en centros de traballo da formación profesional inicial, para o alumnado matriculado en centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia, e polo tanto, á súa avaliación, co fin de non esgotar as dúas posibilidades de matrícula previstas para o réxime ordinario, acreditando algunha das seguintes circunstancias (artigo 10):

a) Doenza prolongada de carácter físico ou psíquico.

b) Incorporación laboral acreditada mediante contrato de traballo.

c) Obrigas de tipo familiar xustificadas que impidan a normal dedicación aos estudos.

d) Outras de carácter análogo que a dirección do centro estime oportuno, por proposta do equipo docente.

As solicitudes deberán presentarse perante o director ou a directora do centro nun prazo de, cando menos, dous meses antes da avaliación final do módulo da FCT. A dirección resolverá no prazo máximo de dez días.

 

   Solicitude renuncia ao módulo de FCT

 

 

 

 



page | by Dr. Radut