Skip to Content

Admisión: publicadas as listaxes de alumnado con praza adxudicada por reserva

Finalizado o período de solicitude de reserva de praza, foron publicadas as listaxes de alumnado con praza adxudicada por reserva (alumnado procedente do CEIP Virxe do Carme).

Adxudicóuselle praza a todo o alumnado que a solicitou (42 solicitudes). Porén deben consultar igualmente as listaxes para confirmar que lles foi asignada praza.

Poden consultar as listaxes nos seguintes lugares:

  • No taboleiro de anuncios do IES Perdouro
  • No tabolerio de anuncios do CEIP Virxe do Carme
  • Na aplicación admisionalumnado, identificándose con Chave365 ou con certificado electrónico.

No caso de existir algunha disconformidade coa listaxe, deben comunicalo na secretaría do IES Perdouro no prazo máis breve posible.



page | by Dr. Radut