Skip to Content

PROTECCIÓN DE DATOS

A Axencia Vasca de Protección de Datos (AVPD, ), coa colaboración de Pantallas Amigas e o asesoramento do Goberno Vasco, Departamento de Educación, Investigación e Universidades, crearon diversos proxectos segundo a idade dos rapaces.

 

 

Nesta páxina web pódese acceder tamén a 3 proxectos:
- Aventuras de Reda e Neto (9-11 anos) ensínannos como protexer a vida privada propia e allea cando se tratan datos persoais. Son personaxes dunha serie de animacións audiovisuais dirixidas aos mozos, nenos e á comunidade escolar.
- Kontuzdatos.Ti decides (15-17 anos). Ademais existe unha guía dirixida ao profesorado en formato PDF.
- Manuais de uso de Tecnoloxías para rapaces (9-11 anos; 12-14 anos; 15-17 anos).

Os obxectivos finais do recurso son:

* Que os nenos e nenas aprecien o valor que teñen os seus datos persoais e os doutras persoas, particularmente en medios dixitais. E isto porque a través destes datos poden ser identificados, transmiten unha imaxe de si mesmos e terceiras persoas poden tomar decisións que lles afecten.

* Que os nenos e nenas desenvolvan unha actitude consciente e activa no control da información persoal, propia ou doutras persoas.

O estilo de comunicación: empregada nestes recursos audiovisuais de breve duración é próximo aos rapaces. A idea básica, común a todas as animacións, é que é importante controlar e protexer a información sobre un mesmo e tamén os datos doutras persoas.

Despois do visionado de cada animación, propóñense cuestións para o debate que permiten experimentar en contexto real as ideas que as aventuras transmiten. Ademais, relaciónanse actividades a desenvolver coa familia, cuxo obxectivo tamén é sensibilizar a esta do seu papel educativo no uso das tecnoloxías da información e comunicación (TIC), rol que só pode levar a cabo compartindo con eles o uso das mesmas.

Tamén podemos atopar enlaces interesantes coma estes:

 

- Sitios relacionados coa seguridade en Internet e a protección de información persoal

* SegurSarean, por unha Internet máis segura
* Proxecto Susi - Uso máis seguro dos Servizos en Internet
* Página web de Panda Security e INTECO
* Oficina de Seguridad del Internauta - OSI
* Asociación sen ánimo de lucro contra la pornografía infantil: Protégeles
* Pautas para el uso seguro y crítico de las pantallas (TV e Internet)

- Sitios educativos

* EducaRed, sitio para aprender e innovar mediante Internet

 

Grazas a Cristina Novoa da Asesoria de Bibliotecas por estar sempre ao tanto e transmitirnos a información. 



page | by Dr. Radut