Skip to Content

Admisión: Xornada informativa e de portas abertas no IES Perdouro

Estimadas familias:

Na última semana deste mes de xaneiro celebraremos no IES Perdouro xornadas informativas e de portas abertas ás que gustosamente os convidamos a participar. Nesta ocasión serán por videoconferencia, dadas as restricións e normas de prevención pola Covid-19.

Estas reunións van destinadas ás familias e alumnado que deban ou consideren cambiar de centro para o curso 2021/2022, co fin de mostrarlles o funcionamento e as instalacións do noso instituto. Tamén ofreceremos información sobre o proceso de admisión para a Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), Bacharelato e Ciclos Formativos.

Para facilitar a organización, abrimos un período de inscrición previa desde o luns 18 ata o venres 22 de xaneiro, ambos incluídos. Rematado este, indicarémoslles a data e hora da videoconferencia e enviarémoslles o datos de conexión.

Para inscribirse, poden facelo por teléfono (982 870 102) ou ben enviarnos un correo electrónico (ies.perdouro@edu.xunta.gal) indicándonos a seguinte información*:

  • Nome e apelidos do pai, nai ou titor/a do alumno/a
  • Teléfono de contacto
  • Correo electrónico de contacto
  • Curso e centro no que está matriculado o alumno/a na actualidade

Unha vez completado o proceso de admisión, organizaremos novas reunións informativas para o alumnado con praza adxudicada.

O período de reserva de praza en centros adscritos está aberto ata o día 8 de febreiro.

Reciban un saúdo cordial.

 

*Cláusula de información sobre protección de datos



page | by Dr. Radut