Skip to Content

Alumnado e profes continuamos traballando durante a suspensión de clases

Estimadas familias e alumnado:

Durante os días de suspensión de clases presenciais, o profesorado e o alumnado seguirán traballando a distancia por medios telemáticos. Titores e profesorado están contactando con alumnos e familias para establecer canles de comunicación e traballo polos que facerlles chegar as tarefas e recibir as consultas, tarefas resoltas, etc. Utilizaranse diferentes medios, dependendo dos grupos de alumnos e do profesorado. Os principais son os seguintes:

É fundamental que o alumnado traballe nas tarefas que lle pide o profesorado, para non perder o ritmo. Cando se retomen as clases presenciais haberá que avanzar moi rápido e o traballo feito durante estes días será moi importante.

Ante calquera necesidade ou dificultade (para consultar co profesorado, recibir ou enviar as tarefas, etc.), non dubiden en contactar preferentemente co titor/a do seu grupo (son os titores/as os que coordinan o traballo de cada grupo) ou coa dirección do centro a través do correo electrónico (ies.perdouro@edu.xunta.gal) ou do teléfono (982870102, de 10 a 13 horas).

Todos os días lectivos estará presente no instituto un membro do Equipo Directivo, de 10 a 13 horas. Inicialmente, a atención será telefónica ou por correo electrónico. Só se atenderán de forma presencial (previa cita) os casos excepcionais que o requiran.

Moito ánimo!!



page | by Dr. Radut