![](https://1.bp.blogspot.com/-CmLccoX7zj8/XHxaQWaX0nI/AAAAAAAAsBM/_itF2crLLFYioFLQ2j7keVR-KC8Gnq3PwCKgBGAs/s200/IMG_8497%2B%2528Copiar%2529.JPG)
Onte estivo
Antía Yáñez, ex alumna do centro e enxeñeira de Camiños, visitando o seu colexio da infancia e os institutos de Burela. Antía foi recibida na biblioteca por un grupo de alumnos e alumnas de 1º de ESO que leron varios poemas de Rosalía de Castro. A Continuación deuse paso á lectura do Manifesto do Día de Rosalía de Castro a cargo do alumnado de 1º CS Administración e Finanzas. Logo a escritora e convidada do día contestou a unha batería de preguntas que lle tiña reservada o alumnado de 2º de ESO sobre a súa participación en certames literarios, a súa formación como escritora nobel, a súa inspiración á hora de escribir, temática, persoaxes, a súa paixón pola lectura dende moi pequena. Preguntaron tamén pola segunda parte do
Misterio de Portomarín (Galaxia, 2016) que se chamará o
Misterio do Torques de Burela. Falou da súa novela para adultos
Senlleiras (Galaxia, 2018) e da obra infantil
A Reconquista (Baia, 2018), merecedora do premio Fina Casalderrey pola Igualdade. Tamén anunciou próximas publicacións pendentes como
Be water. No final do encontro, houbo tempo para as dedicacións e Antía asinou uns cantos exemplares.