Skip to Content

Charla Prevención Riscos Laborais para FP

Campaña de sensibilización Riscos Laborais para Formación Profesional do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral.

O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) puxo en marcha unha campaña de sensibilización que se denominou ‘Coa prevención de riscos no traballo a vida espérate’, coa que pretende concienciar e sensibilizar a toda a sociedade en xeral sobre a importancia da prevención laboral.
 
O alumado dos Ciclos Medios de Mecanizado e de Instalacións en telecomunicacións e o de Formación Profesional Básica F asistiu hoxe á charla formativa onde a relatora insistíu na finalidade de conciencialos non só da necesidade de reducir os accidentes de traballo e as enfermidades profesionais, e amosar as vantaxes da prevención como instrumento de mellora das condicións de traballo.


page | by Dr. Radut