Skip to Content

Eleccións ao Consello Escolar. Votación de pais, nais ou titores legais: luns 26 de novembro, de 17:30 a 19:30 horas

De conformidade coa Convocatoria do día 13 de novembro, o próximo luns día 26, en horario de 17:30 a 19:30 horas, celebrase neste Centro a votación para a elección de representantes dos pais, nais ou titores/as legais do alumnado no Consello Escolar do Instituto.

A dirección deste instituto anima a todos os pais, nais e titores/as legais do alumnado a que participen na votación do próximo luns, como unha forma máis de colaboración na organización do Centro, a fin de conseguir a máxima representatividade posible de pais e nais no Consello Escolar.

Candidatos/as

A Xunta Electoral acordou proclamar con carácter definitivo ás seguintes persoas candidatas para o sector de pais, nais ou titores legais do alumnado (por orde alfabética):

  1. Fernández Barro, Ángeles
  2. González Pita, Cecilia

Quén pode votar

Teñen dereito a votar todos  os pais, nais ou titores/as legais do alumnado matriculado no Centro que figure no Censo que ao efecto aprobou a Xunta Electoral e tras a súa exposición pública regulamentaria. Tal dereito corresponde indistintamente ao pai e a nai, podendo votar ambos os dous.

Modo de emitir o voto

a) O voto será directo, secreto e non delegado.

b) Os modelos de papeletas e sobres da votación serán, obrigatoriamente, os previamente fixados pola Xunta Electoral do Centro, dos que haberá cantidade suficiente no local da votación.

c) Nas referidas papeletas figurarán os nomes dos candidatos/as, por orde alfabética de apelidos, e cada elector/a deberá marcar cunha cruz un máximo un nome das candidatas ou candidatos relacionados, debendo acreditar a súa personalidade, no momento de votar, mediante a exhibición do D.N.I. ou documento similar.

d) Finalizada a votación procederase ao acto do escrutinio dos votos, que será público e, unha vez realizado, levantarase a correspondente acta.



page | by Dr. Radut