Skip to Content

Eleccións ao Consello Escolar 2018: presentación de candidaturas ata o martes día 20 (ás 14:00 horas)

Ata o martes 20 de novembro ás 14:00 horas está aberto o prazo de presentación de candidaturas para as eleccións ao consello Escolar.

Esta é a oportunidade de iniciar a túa participación na toma de decisións no IES Perdouro. O Consello Escolar é o órgano colexiado de control e goberno dos centros educativos públicos, no que interveñen os diferentes sectores da comunidade educativa.

Descarga a continuación os modelos de presentación de candidaturas:

Pais, nais ou titores legais:

Convocatoria pais/nais/titores legais

Modelo de presentación de candidatura pais/nais/titores legais

Alumnado:

Convocatoria alumnado

Modelo de presentación de candidatura alumnado

 

Calendario electoral:

Presentación de candidaturas: ata as 14:00 horas do día 20 de novembro.

Proclamación de candidaturas: 21 de novembro

Sorteo dos membros das mesas electorais: 21 de novembro ás 11:00 horas.

Reclamacións ao censo electoral (exposto no recibidor do instituto): ata as 14:00 horas do 22 de novembro.

Votación de pais, nais ou titores legais: 26 de novembro

Votación do alumnado: 26 de novembro



page | by Dr. Radut