Skip to Content

Admisión a Ciclos Formativos. Aínda podes obter unha praza nun ciclo formativo ata o 27 de setembro

Rematada a fase de solicitude e adxudicación de prazas, aínda é posible acceder a un ciclo formativo ata o día 27 de setembro (ata o 4 de outubro en réxime de adultos) a través destas opcións:

 

Matrícula DIRECTA en prazas vacantes liberadas: do 24 ao 27 de setembro (ás 13 horas)

Se non che foi adxudicada unha praza ou non a solicitache previamente, podes matricularte de maneira directa nas prazas vacantes (nº limitado). A matrícula realizarase por estrita orde de chegada, coa única condición de acreditar os requisitos de acceso e presentar a documentación indicada máis abaixo.

Consulta a listaxe de ciclos de grao medio con prazas vacantes liberadas

Consulta a listaxe de ciclos de grao superior con prazas vacantes liberadas

Documentación a achegar para a matrícula en prazas liberadas:

  • Anexo I (solicitude de admisión) cuberto
  • Documetación acreditativa do requisito de acceso ao ciclo, segundo se especifica no anexo I (certificación académica e/ou outra)
  • DNI ou NIE da persoa solicitante (no seu defecto, pasaporte ou documento da UE)
  • Libro de familia (menores de idade)
  • Recibo do seguro escolar (1,12€, Abanca: IBAN ES13 2080 0183 2430 4000 0260) (persoas maiores de 28 anos están exentas)
  • Tarxeta sanitaria do alumno ou alumna
  • Tres fotografías tamaño carné

 

Solicitude de matrícula simultánea: do 24 ao 27 de setembro

O alumnado matriculado nun ciclo formativo, en bacharelato ou en ESO poderá solicitar a autorización de matrícula simultánea de acordo co procedemento e nas condicións que se establecen no artigo 6 da Orde do 12 de xullo de 2011 (DOG do 15/07/2011).

Requisitos:

  • O ciclo solicitado debe contar con prazas dispoñibles e non existir listaxe de espera
  • Compatibilidade horaria mínima do 90%

Prazos:

  • Presentación de solicitudes: do 24 ao 27 de setembro
  • Resolución de Inspección Educativa: do 25 ao 30 de setembro
  • Matrícula do alumno/a no centro educativo: do 1 ao 4 de outubro

O alumnado que teña pendente unicamente o módulo de Formación en centros de traballo (FCT) e/ou o módulo de Proxecto, de ser o caso, poderá solicitar a matrícula simultánea a partir do 24 de setembro ou en calquera momento do curso académico, co fin de efectuar a matrícula no devandito módulo nas condicións establecidas no artigo 6.5 da Orde do 28 de febreiro de 2007.

Procedemento e modelos:

a) Solicitude. Presentala no centro onde se solicita a nova matrícula, achegando a seguinte documentación:

  • Modelo de solicitude para matrícula simultánea: anexo I adaptado
  • Certificación de matrícula das ensinanzas coas que se desexa compatibilizar o novo ciclo
  • Certificación do horario das ensinanzas coas que se desexa compatibilizar o novo ciclo
  • DNI o NIE da persoa solicitante (no seu defecto, pasaporte ou documento da UE)
  • Documetación acreditativa do requisito de acceso ao ciclo, segundo se especifica no anexo I (certificación académica e/ou outra)

b) Matrícula. Documentación complementaria a achegar para formalizar a matrícula (unha vez autorizada esta por inspección):

  • Libro de familia (menores de idade)
  • Recibo do seguro escolar (1,12€, Abanca: IBAN ES13 2080 0183 2430 4000 0260) (persoas maiores de 28 anos están exentas)
  • Tarxeta sanitaria do alumno ou alumna
  • Tres fotografías tamaño carné

Máis información sobre matrícula simultánea:

 

Matrícula por módulos individuais (réxime de persoas adultas) en prazas vacantes do réxime ordinario: ata o 4 de outubro

Entre os días 1 e 4 de outubro (ambos incluídos) poderás matricularte nos ciclos do IES Perdouro, nos módulos que desexes, polo réxime de persoas adultas (prazas vacantes do réxime ordinario).

Esta é unha boa opción se por razóns de traballo ou de outro tipo non che é posible cursar un ciclo formativo polo réxime ordinario. Tamén poden matricularse as persoas que non reúnen os requisitos para acceder a un ciclo formativo, pero dispoñen de experiencia profesional de dous anos.

Se estás interesado/a acude á secretaría do centro educativo nos días sinalados para formalizar a túa matrícula.

Podes obter máis información nesta páxina: Matrícula en módulos soltos de ciclos formativos (réxime de persoas adultas) (curso 2019/2020)

 

Remate do procedemento de admisión e matriculación

O proceso de matriculación rematará o día 4 de outubro. A partir desta data, non se producirá matriculación ningunha sen autorización expresa da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. Esta autorización farase por medio da aplicación informática que xestiona a admisión.

 


Máis información

Para máis información contacta co IES Perdouro:

  • Teléfono: 982 870 102
  • Correo electrónico: ies.perdouro@edu.xunta.es
  • Rúa do Instituto, s/n; 27880 Burela (Lugo)
  • GPS: 43.652140, -7.357292

Consulta a oferta de ciclos formativos do IES Perdouro

Tamén podes visitar o portal de FP da Consellería de Cultura e Educación

 


 

Nota: A información ofrecida nesta páxina está condensada e resumida, e pode conter erros ou inexactitudes. Para obter información fidedigna deben dirixirse á normativa vixente ou ao portal de Formación Profesional da Consellería de Educación. Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información.

 



page | by Dr. Radut