Skip to Content

Formación Profesional Básica

No IES Perdouro impártese o Ciclo Básico de Fabricación e Montaxe (BFME01), da familia profesional de Fabricación Mecánica:

Horario lectivo: de 8:30 a 14:00 h de luns a venres, máis a tarde do luns de 16:00 h. a 17:40 h. (dous anos académicos, 2.000 horas)

Espazos: dúas aulas-taller para impartir os módulos específicos e unha aula para os módulos comúns.

Perfil profesional do CB de Fabricación e Montaxe

Currículo do CB de Fabricación e Montaxe (Ligazón xeral a currículos)

Información sobre a FP Básica no portal de FP da Consellería de Cultura e Educación

Os Ciclos de Formación Profesional Básica están destinados a persoas que non finalizaron a ESO e queren proseguir os seus estudos cara á un campo da Formación Profesional. A súa duración é de dous anos académicos (2000 horas de formación teórico-prácticas, das cales 240 deberán desenvolverse en centros de traballo) e forman parte da educación obrigatoria e gratuíta, aínda que o seu acceso está condicionado ao previo cumprimento de certos requisitos.

As características pedagóxicas adáptanse ás características específicas do alumnado. Foméntase o traballo en equipo, a titoría e a orientación educativa e profesional.

A superación do ciclo permite a obtención dun título do sistema educativo, con validez académica e profesional (título de Técnico Profesional Básico, que é equivalente ao Nivel 1 do Catálogo Nacional das Cualificaciones Profesionais).

Máis información:

FP Básica no portal Todofp

 

 



page | by Dr. Radut