Skip to Content

VI Campus de Verán XuvenCiencia - Lugo 2018 - Cinco días de experiencias científicas e de ocio na Universidade

Un ano máis, a Universidade de Santiago de Compostela convoca o campus de verán XuvenCiencia de Lugo, no que 150 estudantes de ensino medio vivirán unha semana de experiencias inesquecibles.

O obxectivo do Campus de Verán é poñer ao alumnado en contacto directo coas diversas ramas das ciencias experimentais e sociais e da tecnoloxía, así como coa contorna universitaria.

Ofértanse durante cinco días unha multitude de actividades prácticas, tanto na rama Científico-Técnica como na Científico-Social, coa participación de todas as facultades e escolas universitarias da USC no Campus Terra de Lugo e a colaboración de moitas empresas e laboratorios externos.

O Campus XuvenCiencia está destinado ao alumnado de 4º ESO e 1º BAC.

Terá lugar do 2 ao 6 de xullo de 2018.

Toda a información está dispoñible na páxina web do campus, así como o formulario de preinscrición que se abrirá desde o venres 27 de abril ás 15:30 h ata o 6 de maio.

 



page | by Dr. Radut