Skip to Content

O Concello de Burela ofrece axudas para compra de material escolar

O Concello de Burela vén de publicar no Boletín Oficial da Provincia a convocatoria de axudas destinadas á compra de material escolar, para o curso 2017/2018. Van dirixidas aos estudantes de Educación Infantil, Educación Primaria e Ensinanza Secundaria Obrigatoria, pertencentes ás familias con menor poder adquisitivo do municipio e son compatibles con calquera outra axuda que reciban polo mesmo concepto sempre que a suma do mesmo non supere o custo total do material escolar.

Prazo de solicitude ata o 19 de decembro

Arquivo do BOP coas bases da convocatoria

Artigo de La Voz de Galicia



page | by Dr. Radut