Skip to Content

AbalarMóbil, a aplicación que lle permite consultar a información académica dos seus fillos no seu teléfono móbil

A Xunta de Galicia, coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, ofrece abalarMóbil. Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.

 

A descarga de abalarMóbil faise dende Apple store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Play Store (se o sistema operativo é Android).

As familias que descarguen abalarMóbil van a poder dispoñer das seguintes funcionalidades: 
•Acceder aos datos persoais
•Consultar as cualificacións
•Consultar e xustificar as faltas de asistencia
•Consultar as faltas de conduta
•Solicitar unha cita de titoría
•Consultar os datos do centro educativo
•Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
•Consultar as  incidencias creadas polo profesorado
•Modificar o idioma da aplicación
 

Guía para as familias

Resposta ás preguntas mais frecuentes

Formulario de incidencias e consultas

Vídeo informativo

 



page | by Dr. Radut