Durante toda a tarde do mércores 29 de outubro, un grupo de alumnos/as do IES Perdouro recibiu un obradoiro de comunicación radiofónica impartida polo actor Rubén Riós e o técnico e produtor Andrés Rozados nos estudios de Radio Burela. A actividade está convocada pola Rede de Dinamización Lingüística con motivo da celebración das Letras Galegas. Nesta primeira fase do certame O Galego na Onda, os nosos gañadores recibiron unha xornada formativa onde o actor e comunicador Rubén Riós trata aspectos relacionados coa modulación da voz, a importancia da ambientación musical, así como doutros efectos sonoros.
seguir lendo en Perdourando....