Skip to Content

Xuño 2020

Maruxía 26

Publicada a edición dixital da nosa revista anual neste ano atípico.

O equipo de redación de Maruxía formado polo alumnado de 4º de ESO TIC traballo de xeito diferente para maquetar o número 26 da revista Maruxía. Esta vez a revista non irá a imprenta e non faremos tristemente ningún acto de presentación presencial como acostamos facer. Máis está chea de cores, bons recordos, crónicas de viaxes e saídas, e actividades realizadas durante o confinamento. Recolle as saídas educativas, os obradoiros, carteis informativos así como composicións (coplas, odas, cartas de ánimo e diario). 

Esta vez non imos contar coa versión en papel da revista mais inclue código QR que fai dela unha revista máis interactiva. Esperamos que poidades desfrutar da súa lectura. 
 

Videopoemas

Dende o Departamento de Lingua castelá, compartimos unha selección dos fantásticos videopoemas que crearon os artistas audiovisuais de 1º ESO. A participación foi elevada e todos os traballos de excelente calidade, aquí tedes unha mostra como exemplo. Esperamos que vos gusten e que os disfrutedes!
 
Hecho con Padlet

Maratón de ortografía

Aquí tedes os resultados do Maratón de ortografía organizado polo Departamento de Lingua castelá na semana do 9 ao 12 de xuño.
Foi unha dura competición e moi disputada entre o alumnado de 1º e 3º ESO. En hora boa a todos os participantes que souberon visualizar a meta sen desistir e parabéns aos premiados!
 

Representamos obras de arte

Este curso, ao alumnado de 3º da ESO tocounos estudar a arte do Renacemento e do Barroco pola vía telemática. Como complemento, levamos a cabo unha actividade que tiña como obxectivo familiarizarse con obras de arte destes dous períodos. Nesta actividade, os alumnos e alumnas participantes debían sacarse fotos representando distintas obras de arte. Para isto, cada un deles tivo que buscar unha obra axeitada e logo usar a súa creatividade para representala. E quedáronlles ben chulas! Finalmente, realizamos a montaxe dun vídeo con todas estas imaxes.


Cooperamos con Cruz Vermellla para paliar os efectos da emerxencia social

No marco do noso proxecto educativo de cooperación Na casa de papel, colaboramos con Cruz Vermella Burela. Fixemos chegar ás avoas e aos avós unhas cartas de ánimo redactadas polo noso alumnado de 4° ESO para paliar os efectos do confinamento causados pola pandemia. 
 

El libro de los relatos perdidos de Bambert - Exposición de globos de 1º ESO

Cando pisemos as rúas

Sería este un bo título para unha canción pop dos oitenta, agora que actualizamos o repertorio musical nacional, grazas aos balcóns. Mais, porén, é a frase que encabeza a maioría dos nosos propósitos nesta época que, parafraseando a Dickens, recordaremos como o mellor dos tempos, […] o peor dos tempos.

Atrás quedan, a medio camiño, os proxectos  planificados ao comezo do curso; as aulas baleiras, en cuxas paredes aínda resoan as voces do alumnado de 1º ESO lendo en voz alta; os fantásticos globos chineses, de diversas cores e tamaños, rendendo homenaxe aos soños de papel que o sensible escritor Bambert fixo voar polo mundo. Quen nos ía dicir que, ao igual ca el, viviriamos recluidos nas nosas casas.

Cando pisemos o instituto, alí estarán, esperándonos para darnos a benvida, tinguileando ao ar cando se volvan abrir a portas. Ese será o seu aplauso de recoñecemento a vosa afouteza e tesón durante todo este tempo que, grazas ao poder da literatura, pódese converter no mellor dos tempos. 
 
Yolanda Orjales Somoza - Profesora de Lingua Castelá

Día internacional dos océanos

O 8 de xuño se celebra o Día Internacional dos Océanos, unha data establecida pola ONU co obxectivo de recoñecer a importancia que teñen os océanos para todas as especies e para o equilibrio ecolóxico do planeta.
O alumnado de 4° da ESO uniuse a esta celebración participando na elaboración dun vídeo no que representan parte da enorme biodiversidade dos océanos. Con el queren poñer en valor a riqueza e beleza do medio mariño dende fermosas localizacións da nosa costa.


Unha e mil veces grazas

No marco do noso proxecto educativo de cooperación Na casa de papel, o alumnado de 4º de ESO fixo un vídeo colaborativo para dar as grazas mil e unha veces aos colectivos máis afectados pola alarma sanitaria.

As gravacións foron feitas durante o confinamento debido á Covid 19. A edición final deste vídeo foi rematada aínda estes días. Trátase dun xesto desinteresado para recoñecer o esforzo e traballo de todxs nesta pandemia e para demostrar  tamén que a responsabilidade individual redunda no ben de todxs.

Diario do confinamento 2020

Os alumnos/as de 4º de ESO estiveron escribindo os seus diarios do confinamento. A súa profesora Miruca Parga seleccionou os textos que forman o seguinte diario de 4º de ESO A. 
 

Letras Galegas en voz alta

Selección de textos especial Letras Galegas Ricardo Carvalho Calero

Un traballo do alumnado de 2°, 3° ESO e 2° de bach. do IES Perdouro guionizado pola súa profesora Belén Couto.
 


by Dr. Radut