Skip to Content

4º ESO (TIC)

Traballo dende a casa 4º TIC. Terceiro trimestre.

 

(28 de maio) Tedes tarefa en Agueiro sobre DESEÑO DE PÁXINAS WEB.

 

SEMANA do 27 ó 30 de ABRIL

(28/04) Tedes instrucións para a realización da tarefa en Agueiro.

 

SEMANA do 14 ó 17 de ABRIL

(14/04) Ola rapaces, espero que esteades ben. Comeza o trimestre e retomamos a actividade. Esta semana, mentres non teñamos instrucións da consellería sobre como continuar o curso, a tarefa que tedes é poñervos ó día cas anteriores. Recórdovos que hai tarefas que se poden facer co móbil.

Vacacións

Estamos de vacacións, así que esta semana non hai novas tarefas. Os que vaiades atrasados nas entregas, podedes aproveitar para vos poñer ó día. Os que xa fostes facendo as actividades, o MÉRCORES teredes unha mensaxe en Agueiro coas correccións que precisades facer nalgún momento. Gozade todo o que poidades destas vacacións na casa.

Traballo dende a casa mentres o centro permaneza pechado

 

 

SEMANA 3ª (30/03-03/04). Entrega de tarefas ata o venres 03/04.

3ª Tarefa (31/03)

Tedes novas tarefas en Agueiro. Se tedes ordenador, seguiredes coas prácticas, pero para quen non o teña tamén hai actividades que se poden facer dende o teléfono móbil.

Revisade de vez en cando o buzón de mensaxes de Agueiro (ir á icona do perfil), é como me comunicarei con vós de xeito individual.

 

 

 

SEMANAS 1ª e 2ª (15/03-29/03). Entrega de tarefas ata o 29/03.

 

2ª Tarefa (25/03)

Le esta nova sobre seguridade e ciberataques e coméntaa brevemente enviándome unha mensaxe a través de Agueiro. Entrega de tarefas ata o 29/03

Tarefa (15/03)

Boas a todos e a todas. Déixovos en AGUEIRO o material para traballar dende a casa durante as dúas primeiras semanas de suspensión de clases. Se este período se prolonga, proporcionareivos novas actividades. Estade atentos e atentas! Recordade que algúns alumnos de 4º tedes pendente unha presentación, aproveitade para rematala e ensaiala.

Para calquera aclaración (tarefas, problemas de instalación, etc.) ou para recuperar claves de acceso a Agueiro, podedes contactar comigo escribindo ó enderezo tecnogema@gmail.com 

Distribuir contido


by Dr. Radut