Skip to Content

Axenda

Embaixadores júnior vs europarlamentarios

O venres 14 de decembro de 2018, os embaixadores júnior participaron nunha charla-coloquio cos europarlamentarios galegos Francisco Millán Mon e Jóse Blanco. O lugar foi a sede da Deputación provincial de A Coruña e a invitación partiu de EuropaDirect A Coruña. Tratáronse temas como o Brexit, a migración e a política de seguridade e defensa. Os nosos alumnos puxeron nalgún que outro apuro aos conferenciantes coas súas preguntas.  Ler máis en QPC.

Un polbo en Europa

Os días 20 e 21 de novembro de 2018 tivo lugar en Bruxelas un curso de formación para os coordinadores das Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.

Foi o momento elixido para presentar en sociedade a nosa mascota, Caramiña, un polbo vestido con encaixe da Costa da Morte e unha chapa identificadora do noso Centro. Agora toca pasealo por Europa en todas as viaxes que fagan os nosos embaixadores.

Ler máis en La Voz, QPC, Diario Camariñán, El Correo Gallego

As Escolas embaixadoras empezan forte o curso 2018-19

O curso 2018-19 tamén comezou para os embaixadores júnior do Parlamento Europeo. Este ano son 16 alumnos de 3º da ESO que van ter moito traballo por diante. De momento, están gozando do Programa de inmersión lingüística nos Peares. Cando volvan, participarán nun debate cos eurodeputados galegos sobre o futuro de Europa. E para 2019 queda a parte dura do traballo: preparar para o Día de Europa un simulacro das eleccións europeas que terán lugar posteriormente o 26 de maio. No medio, está prevista a viaxe a Luxemburgo e Frankfurt e, para os embaixadores do ano pasado, a viaxe a Estrasburgo para participar no concurso Euroscola que gañaron o curso pasado.

 Máis información: La Voz de Galicia, El Correo Gallego, Que Pasa na Costa, Diario Camariñán

Entrega do premio Euroscola 2018

O venres 1 de xuño, a Directora Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Cecilia Vázquez, fixo entrega aos embaixadores junior do Parlamento Europeo, dos premios que os acreditan como gañadores a nivel autonómico do concurso Euroscola 2018.

Ademais dunha placa conmemorativa, os alumnos recibiron distintos agasallos entre os que destacan unha fin de semana no albergue de ocio de Gandarío e unha viaxe ao Parlamento Europeo en Estrasburgo para participar con outros gañadores do concurso na UE dun evento no que se debaterán temas de interese relacionados con Europa.

Máis información, no portal da Xunta de Galicia, El Correo Gallego e Que Pasa na Costa.

Celebrando o día de Europa pola tarde na Deputación provincial da Coruña

Ás actividades que tivemos pola mañá con motivo do Día de Europa, engadimos a que 38 alumnos de 3º e 4º da ESO desenvolveron pola tarde no salón de plenos da Deputación da Coruña.

Trala benvida por parte do Presidente da Deputación e da Directora do Centro de Información EuropeDirect A Coruña, os alumnos, agrupados uns en 5 grupos políticos do Parlamento Europeo e actuando outros de xornalistas internos e externos, participaron durante hora e media no debate sobre o futuro de Europa. Primeiro elixiron ao Presidente da "Eurocámara", para entrar a continuación na discusión de temas como o brexit, a política exterior, a necesidade dunha defensa e seguridade propias e o control dos refuxiados.

Para rematar, tivo lugar un debate interxeracional no que tres representantes senior formularon tres preguntas aos mozos sobre o problema demográfico na UE, o uso das redes sociais e o drama da inmigración. Ver fotos.

A nova foi publicada en El Correo GallegoQue Pasa na Costa e facebook de EuropeDirect.

Xornada matinal do Día de Europa

O día 9 de maio, o IESP Pedra da Aguia conmemorou o Día de Europa cun feixe de actividades que ocuparon practicamente toda a xornada.

Pola mañá, as celebracións tiveron lugar no patio do instituto. Alumnos de todos os cursos involucráronse na realización de diferentes actividades, como a coreografía sobre patíns portando as bandeiras de todos os Estados da UE, a construción dun puzzle co mapa e o logo da UE e a interpretación dos himnos galego e europeo con gaitas e xilófonos. O evento matinal rematou coa emotiva cerimonia de gradación dos alumnos de 4º da ESO.

Máis info.: Voz de GaliciaEl Correo Gallego, Portal Educativo da Xunta, Diario camariñán.

Distribuir contido


by Dr. Radut