Ola a todos e todas,
Nesta semana que vai do luns 16 ao venres 20 de marzo, temos as tarefas que seguen:
· Entregar Grella XI, que era para hoxe.
· Facer Grella XII, que vai anexada no arquivo.
· Do libro de texto > teoría e práctica da páxinas 126 á 130, de xeito que:
o Páxina 126 > Uso de B/V teoría (lela e relela)
o Páxina 127 > exercicios: 1-2-4-5
o Páxina 128 > exercicios: 9-10-11
o Páxina 129 > exercicios : 16-18-19
o Páxina 130 > exercicio: 6
Debedes entregar todo como data límite o xoves 19 marzo –día incluído–.
Opcións de entrega das tarefas:
1. Feitas na libreta e a través de fotos enviarmas vía correo electrónico.
2. Feitas en documento Word ou PDF e enviarmas vía correo electrónico.
Correo electrónico de entrega: maneiroxemma@gmail.com
Condicións para facerdes as tarefas:
· Nas grellas > sempre a bolígrafo de calquera cor –agás vermello–. Os tiles deben estar escritos nitidamente, é dicir, que non leven a confusión.
· Os exercicios teñen que estar completos, enunciados incluídos.
Bo traballo e forza!!