Skip to Content

Tarefas_3º-ESO A e B

Ola a todos e todas,

Nesta semana que vai do luns 16 ao venres 20 de marzo, temos as tarefas que seguen:

·        - Ler a Ficha de Pronomes_Formas_Contracción. Tédela no arquivo anexado.

·        -  Facer os exercicios que nela aparecen.

·        -  Facer a ficha “Práctica_pronomes”. Tamén anexada.

·         Reforzar todo o traballado dos pronomes na páxina web de ogalego.eu e dentro dela na sección pronomes. Este é o enlace directo: https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/pronome.htm

*Nela podedes traballar todo os puntos que tratamos  e autoavaliarvos.

Debedes entregar todo como data límite o venres 20 marzo –día incluído–.

Tomarei nota de quen entreguedes o traballo e de quen non. A vindeira semana publico o solucionario para poder corrixir a práctica, xunto con novas tarefas.

Opcións de entrega das tarefas:

1.    -  Feitas na libreta e a través de fotos enviarmas vía correo electrónico.

2.    -  Feitas no propio documento Word –que envío en aberto para poder traballar nel- ou en PDF; para logo enviarmas vía correo electrónico.

Correo electrónico de entrega: maneiroxemma@gmail.com

Condicións para facerdes as tarefas:

·         Empregar sempre a bolígrafo de calquera cor –agás vermello–. Os tiles deben estar escritos nitidamente, é dicir, que non leven a confusión.

·         Os exercicios teñen que estar completos, enunciados incluídos.

Bo traballo e forza!!

AdxuntoTamaño
Pronomes_Formas_Contraccións (II).doc64.5 KB
Pronomes_Formas_Contraccións (II).pdf277.35 KB
Práctica_pronomes.doc51 KB
Práctica_pronomes.pdf175.96 KB


page | by Dr. Radut