Skip to Content

Encontro con Ledicia Costas

A escritora Ledicia Costas, autora de títulos moi coñecidos entre o público infantil e xuvenil como "Escarlatina, a cociñeira defunta" ou "O corazón de Xúpiter", manterá un encontro co alumnado de 2º ESO e 4º ESO o vindeiro martes, día 19 de outubro. As xuntanzas realizaranse a terceira hora (2º ESO) e a cuarta hora (4º ESO) na biblioteca escolar.

Ledicia Costas falaranos sobre as súas obras e tamén asinará os exemplares do alumnado que así o desexe.

A escritora viguesa comezou o seu labor literario sendo unha adolescente, cando publicou o seu primeiro libro, "Unha estrela no vento", e dende entón acadou numerosos premios e foi traducida a varios idiomas.

Hora de Ler na 1ª avaliación

Amosamos o calendario da Hora de Ler para este primeiro trimestre. Recordade que empezamos o xoves 29 a primeira hora.

Gozade da actividade!

 

Listaxe de libros - Curso 2022/23

No arquivo adxunto pode consultarse a listaxe de libros para o curso 2022-2023.

Instrucións conxuntas ao respecto das recomendacións xerais para a xestión da Covid-19 no ámbito educativo no curso 2022-2023

Achéganse as Instrucións conxuntas do 5 de setembro de 2022 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade e da Consellería de Sanidade ao respecto das recomendacións xerais para a xestión da Covid-19 no ámbito educativo no curso 2022-2023.

COMEZO DO CURSO 2022/23 NO IESP PEDRA DA AGUIA

Infórmase que o inicio deste curso 2022/23 será o xoves día 8 de setembro de 2022 en horario de 8:30 a 14:45 horas.

A distribución horaria deste curso 2022/23 autorizada pola Xefatura Territorial é a seguinte:

  • De luns a xoves de 8:30 a 14:45 horas
  • Os venres de 8:30 a 14:20 horas
Distribuir contido


by Dr. Radut