Skip to Content

Encontro con Carlos Negro

O alumnado de 4º ESO participou nunha xuntanza co poeta lalinés Carlos Negro ao longo da mañá do día 9 de abril.

Durante o encontro, o autor faloulles sobre a poesía e axudoulles a sacar fóra o poeta que todos levamos dentro coa realización de diferentes prácticas de escrita lírica. Deste xeito, elaboraron varios textos poéticos coa axuda deste recoñecido autor galego. 

Carlos Negro ten publicados numerosos poemarios en lingua galega, moitos deles dirixidos ao público xuvenil.

Plan Navega con Rumbo

Obradoiro sobre Saúde Mental

O alumnado de toda a ESO recibiu esta semana un obradoiro sobre saúde mental impartido por APEM, a Asociación Pro-Enfermos Mentais de Cee ao que acudiu un usuario do centro para contar a súa experiencia ao noso alumnado.

Obradoiro de Educación Afectivo - Sexual impartido por Quérote +

Este venres día 5 de abril o alumnado de 3º da ESO realizou o taller de Educación Afectivo - Sexual impartido por Quérote +, cos seguintes obxectivos:

  • Crear un espazo de reflexión sobre a influencia das nosas emocións no noso comportamento.
  • Contribuír a ter unha actitude de cultivo cara á sexualidade.
  • Expoñer a sexualidade coma unha fonte de diversidade e riqueza.
  • Analizar as fontes de información arredor da sexualidade.
  • Subliñar a importancia do bo trato e dunhas relacións sas.
  • Coñecer a anatomía e fisioloxía sexual humana.
  • Informar sobre os diferentes métodos de protección e ITS.

Encontro literario co poeta Carlos Negro

O vindeiro martes, día 9 de abril, o alumnado de 4º ESO manterá un encontro co poeta Carlos Negro.

Durante a 3ª e a 4ª hora os alumnos e as alumnas participarán nun obradoiro práctico de poesía que se realizará na Biblioteca.

Carlos Negro é autor de varios poemarios, como por exemplo, "Aplicación instantánea", "Makinaria" ou "Penúltimas tendencias".

O noso alumnado estivo lendo e traballando coa obra deste autor lalinés e agora terá a oportunidade de realizar con el un obradoiro de poesía.

Tamén compartirán os poemas que escribiron inspirados na obra poética de Carlos Negro a través dunha exposición que se pode visitar na entrada da Biblioteca.

Hora de Ler


Volve a Hora de Ler!

O mércores, día 3 de abril, retomaremos a Hora de Ler na 3ª sesión.

Continuaremos durante todo o mes de abril e ata mediados de maio.

Podes consultar o calendario da Hora de Ler aquí.

Non esquezas traer o teu libro favorito!

Distribuir contido


by Dr. Radut