Articles

Programa de actividades - Sub Categories

Podcast do programa de radio "A fume de carozo"

O alumnado de 2º da ESO protagonizou o programa número 272 de "A fume de carozo", que se emitiu o 28 de maio de 2019 na emisora Cuac FM.
O podcast do programa pode escoitarse e descargarse neste enderezo: https://cuacfm.org/radioco/programmes/a-fume-de-carozo/10x25/

O guión do programa foi elaborado por Félix Longueira e Susana Ferreira, do departamento de Xeografía e Historia, a partir de textos elaborados polo alumnado de Valores Éticos. O programa foi presentado polas seguintes alumnas e alumnos de 2º ESO: Fátima Blanco, Lidia Bodelón, Paula Gallego, Daniel Rodríguez, Sofía Scaniello, Yenni Acosta, Irene Bodelón, Víctor Casas, Claudia Núñez, Xavier Loureiro e Daniella Rentería.

Máis pola Igualdade

Máis Pola Igualdade

O Departamento de Orientación, en colaboración cos demais departamentos didácticos do centro, está a impulsar o proxecto "Máis Pola Igualdade" que se presentou ao premio Concepción Arenal de proxectos educativos pola igualdade e a prevención da violencia de xénero.
Unha das primeiras accións que se levou a cabo neste proxecto foi a apertura de varias contas nas redes sociais para difundir as actuacións que se leven a cabo dentro do programa.
Entre esas accións estivo a redacción dunha carta dirixida a La Voz de Galicia para a supresión dos anuncios de contactos.
Convidámosvos a seguir eses perfís nas redes sociais e a participardes nas actividades que se van desenvolver ao longo do curso. 


https://twitter.com/OPpolaigualdade

https://www.facebook.com/OteroPolaIgualdade-179820212602337/


https://www.instagram.com/oteromaispolaigualdade/?hl=es

Actividades deportivas 2017-18

 IV XOGOS ESCOLARES 2017-2018

 Información en www.edu.coruna.es  

 Inscripción en  www.coruña.gal/deportes

 Prazo do 25 de setembro ao 22 de outubro de 2017

     

Deporte no centro 2017-18

logo_coruña_tardes

   PROGRAMA  DEPORTE NO CENTRO   

 Información en  www.edu.coruña.es/a_coruna_tardes/deporte_no_centro

 Inscripción no local da ANPA (tardes dos martes)

 Prazo do 12 ao 30 de setembro de 2017

 GRUPOS 2016-17

 - Ximnasia Artística II     - mércores e venres de 16.00 a 17.00

 - Balonmán/Baloncesto   - xoves de 16.00 a 18.00

Robótica creativa 2016-17

Actividade extraescolar: ROOTTECH::Robótica creativa::

 Promove a ANPA
 Xoves de 16.30 a 17.30
 Talleres dunha hora á semana.
 18€/mes. Mínimo de 10 alumnos/as

Comeza o 20 de outubro 2016
 Inscripción aberta ata completar o grupo

Actividades de idiomas 2018-19

         
Coruña Linguas

 

PROGRAMA DE LISTEN AND SPEAK SECUNDARIA

 Inglés 1º-2ºESO Luns e xoves de 16.30-17.30
Inglés 3º-4ºESO Luns e xoves de 16.30-17.30
15€/mes. Grupos 12-15 alumnos.
Clases no IES Otero Pedrayo
Promove o Concello de A Coruña
Incripción ata o 23 de setembro:www.edu.coruna.es
         
logo activa   Actividades de idiomas
Inglés Trinity 1º-2ºESO Mércores de 16.00-17.30
Inglés Trinity 3º-4ºESO Luns de 16.00-17.30
18€/mes. Clases no IES Monelos.
Francés ESO  Venres de 16.00-17.30
15€/mes. Clases no IES Monelos.
Promove a ANPA do centro
Inscripción ata o 26 de setembro:ANPA do IES Monelos

Dúas opcións para a mellora do voso nivel de inglés e para preparar as probas para a obtención do Certificado Trinity College London. Apuntádevos!!