Máis pola Igualdade

Máis Pola Igualdade

O Departamento de Orientación, en colaboración cos demais departamentos didácticos do centro, está a impulsar o proxecto "Máis Pola Igualdade" que se presentou ao premio Concepción Arenal de proxectos educativos pola igualdade e a prevención da violencia de xénero.
Unha das primeiras accións que se levou a cabo neste proxecto foi a apertura de varias contas nas redes sociais para difundir as actuacións que se leven a cabo dentro do programa.
Entre esas accións estivo a redacción dunha carta dirixida a La Voz de Galicia para a supresión dos anuncios de contactos.
Convidámosvos a seguir eses perfís nas redes sociais e a participardes nas actividades que se van desenvolver ao longo do curso. 


https://twitter.com/OPpolaigualdade

https://www.facebook.com/OteroPolaIgualdade-179820212602337/


https://www.instagram.com/oteromaispolaigualdade/?hl=es