Articles

Programa de actividades - Sub Categories

Excursión de fin de etapa

Ao longo da primeira semana do mes de abril, o alumnado de 4º ESO disfrutou da viaxe de fin de etapa a Cataluña. Durante seis días visitaron a cidade de Barcelona e Tarragona, combinando actividades de carácter científico, histórico, deportivo, así como lúdico en Port Aventura. Foron días de diversión e compañeirismo dos que son boa mostra estas instantáneas.

Recollida de lixo mariño en Santa Cruz

Setenta e cinco alumnas e alumnos de 1º ESO participaron na mañá do mércores 28 de febreiro nunha actividade de recollida de lixo mariño na praia de Santa Cruz. En algo menos dunha hora de recollida, apañamos sesenta quilos de plásticos e outro lixo. O detalle dos materiais retirados pode consultarse no arquivo que se adxunta con esta noticia

Para a actividade o alumnado dividiuse en dous grupos. Mentres un dos grupos, acompañado de persoal do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), recollía e clasificaba o lixo, o outro grupo realizou unha camiñada entre Santa Cruz e Bastigueiro, ao longo da contorna da ría. 

O día anterior, Ángel Prieto, un dos divulgadores medioambientais que traballa no CEIDA, impartiu nos grupos de 1º un obradoiro sobre a necesidade de reducir o consumo de plásticos. Ángel explicou ao alumnado as consecuencias medioambientais do vertido incontrolado de plásticos e a necesidade de impulsar plans para a redución do seu uso e a súa reciclaxe. A actividade estivo organizada polo Departamento de Educación Física, dentro do Plan de Actividades Físicas e Hábitos Saudables. 

Recollida de lixo mariño de Félix Longueira Fafián

VISITA Á CASA DAS CIENCIAS (31/10/2023)

O 31 de Outubro o alumnado de 1º ESO fixo unha saída á Casa das Ciencias. Alí experimentaron as distintas actividades dese museo científico e asistiron a unha sesión do Planetario.

Viaxe de estudos a Barcelona

Nas últimas semanas celebráronse no noso centro numerosas saídas de estudos. A máis relevante de todas foi a viaxe de estudos do alumnado de 4º ESO a Cataluña.

Entre os días 17 e 22 de abril o alumnado de 4º ESO desprazouse a Cunit (Tarragona). Desde alí realizaron unha visita guiada á cidade de Barcelona, acudiron a museos como CosmoCaixa ou visitaron a Sagrada Familia ou o Camp Nou. Realizaron tamén un percorrido pola cidade de Tarragona e disfrutaron de actividades náuticas en Salou. Até mesmo tiveron tempo de pasear pola praia! A viaxe foi unha experiencia inolvidable para o alumnado que marcha do noso centro ao final do presente curso.  

25 de novembro: Día Internacional pola eliminación da violencia contra a muller

O 25 de novembro conmemoramos no centro o Día Internacional pola eliminación da violencia contra a muller. Dez minutos antes do recreo, o alumnado do centro reuniuse no patio para ler o nome e idade das 79 persoas que faleceron este ano a causa da violencia de xénero. Ao finalizar a lectura, gardouse un minuto de silencio.

Con esta sinxela homenaxe desexábamos homenaxear as vítimas e manifestar o noso desexo de que dunha vez por todas desapareza a violencia contra as mulleres.

Consulta de actividades extraescolares e complementarias

Os departamentos didácticos do IES Ramón Otero Pedrayo da Coruña organizan numerosas actividades extraescolares e complementarias ao longo do curso. Estas actividades están recollidas nas programacións de aula e son un complemento á formación do alumnado. Destas actividades moitas realízanse no propio centro, durante o horario lectivo do alumnado. Outras, que deberán ser autorizadas debidamente polas persoas responsables do alumnado, desenvólvense fóra do centro e poden exceder do horario lectivo.

Na marxe dereita desta páxina web, no apartado Eventos, pode consultar todas as actividades pola súa data de celebración. Para iso, deberá picar na data concreta do calendario. No caso de que haxa unha actividade programada, o día aparecerá marcado en cor negra. Ao picar no día atopará tamén unha breve descrición da actividade, o seu horario e os cursos aos que está dirixida.

As actividades extraescolares e complementarias, suspendidas durante o curso 2020/21 a causa da pandemia de coronavirus, retómanse neste curso 2021/22. Estas actividades estarán sempre suxeitas ás restricións sanitarias vixentes e respectan as indicacións recollidas no protocolo Covid da Consellaría de Educación.

Actuación musical do grupo de rock Zënzar dentro programa do Concello "Música e Lingua"

O día 12 de novembro de 2021 ás 12.35 h terá lugar nas gradas do patio a actuación do grupo de rock Zënzar dentro do programa do Concello "Música e Lingua". A actividade, dirixida ao alumnado de 2ºESO, foi organizada polo EDLG. 

Obradoiro de igualdade de xénero en 4ºB

O luns 13 de xaneiro deu comezo o primeiro dos catro obradoiros de igualdade de xénero destinados ao alumnado de 4º ESO. Os obradoiros son impartidos por persoal especializado da empresa DELOGA. Unha vez rematados estes obradoiros, será a quenda de que o alumnado deseñe os seus propios materiais para a formación en igualdade do alumnado de 1º e 2º da ESO.

Así mesmo, o alumnado de 3º ESO traballará contidos relacionados coa diversidade sexual e a prevención das ETS. Neste caso, será persoal de CASCO quen imparta esta formación.

En ambos casos, os obradoiros desenvólvense no horario de Valores Éticos, posto que desenvolven contidos curriculares. Contarán sempre coa presenza do profesorado responsábel da materia.

Charla Exparlamentarias 4ºESO

Os estudantes do IES Otero Pedrayo da Coruña coñeceron hoxe nunha charla o funcionamento do Parlamento de Galicia, nun ciclo de charlas impulsado pola cámara e a Asociación de Exparlamentarios.

Participaron as ex-deputadas Ascensión Yeguas (PPdG), Mar Barcón (PSdG) e Ana Luísa Bouza (ex-BNG).

Esta charla pon o colofón ao traballo das últimas semanas en Valores Éticos de 3º e 4º ESO, nas que fixemos un seguimento da campaña para as eleccións xerais do 10 de novembro, estudamos o funcionamento do sistema electoral español e as propostas dos distintos partidos políticos que concorrían ás eleccións, e incluso fixmos unhas eleccións con papeletas reais na propia aula.

E como non, ademais de coñecer das nosas convidadas como funciona o Parlamento Galego, de paso, comentarmos os resultados electorais.

Tamén viñeron os da Radio Galega gravar unha pequena intervención. Na gravación pódese ver que no Otero hai madeira para a política!"