Os impresos para o pago das taxas poden ser xerados a través da seguinte ligazón:
Confección on-line de impresos de Taxas e Prezos
IMPRESOS
Modelo dos impresos de taxas cubertos cos códigos correspondentes:
Impresos taxas LOE
As denominacións dos títulos figuran nas seguintes táboas:
BACHARELATO E CICLOS LOE Código 302003 |
- CM Sistemas microinformáticos e redes - CM Xestión administrativa ( 2 anos cursados desde o 2011/12) - CM Peiteado e cosmética capilar - CM Estética e beleza - CS Estética integral e benestar - CS Administración e finanzas (1º ano cursado desde 2012/2013) - CS Asistencia á dirección - CS Administración de sistemas informáticos en rede - CS Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma - CS Desenvolvemento de aplicacións web - Bacharel |
IMPORTE A INGRESAR | ||
Ciclos formativos de grao medio: | Ciclos formativos de grao superior e bacharel: | |
22,07 € (normal) 11,06 € (fam. numerosa 1ª Cat.) | 54,00 € (normal) 27,03 € (fam. numerosa 1ª Cat.) |
Documentación necesaria para a súa solicitude:
- O “Impreso de autoliquidación de taxas” selado polo banco ou entidade colaboradora debe presentalo na secretaría do centro
- A fotocopia do DNI
- E, se é o caso, o libro de familia numerosa (actualizado) e unha fotocopia do mesmo.
- No caso de facer o pago telemático da taxa pode enviar toda a documentación ao correo electrónico: secretaria.ies.muralla.romana@edu.xunta.es, indicando no asunto: TAXA TÍTULO.
MOI IMPORTANTE: A data de ingreso da taxa na Entidade Bancaria TEN QUE SER POSTERIOR á data da avaliación final.
Lembramos que, para o caso dos duplicados por perda ou destrución, os impresos para o pagamento da inserción do anuncio no DOG están a disposición dos interesados nas oficinas de Novagalicia Banco.