Skip to Content

Novas da Biblioteca

MANIFESTO PARA LEMBRAR O DÍA DA SAÚDE

As alumnas de 1ºPECOCA redactaron un manifesto para lembrar o día 7 de abril, DÍA DA SAÚDE, no que lembran que a saúde é un dereito básico e universal e piden unha atención sanitaria de calidade para todas as persoas, entre outros puntos. 

Deixámosvos coa lectura do manifesto nas súas voces. 

O CLÁSICO ESTÁ DE MODA

Hoxe comezouse unha nova sección na radio escolar, Radio Llama, da man do alumnado de latín de 4ºESO e da súa profesora. Puxeron voz a fábulas que nos achegan mensaxes que, a día de hoxe, seguen estando presentes aínda que se escribisen...

Escoitar lecturas. 

 

EUROENTROIDO 2022

cartel O venres 25 de febreiro celebramos o "Euroentroido   2022. Percorrido musical por Eurovisión."

 O alumnado de 1ºINFOFI responsabilizouse da presentación   do evento, gravación e velou en todo momento por respectar a   capacidade do salón de actos. As comparsas animáronnos e   fíxeronnos bailar e cantar ao ritmo de ABBA, Ckikilicuatre,   María Isabel, Little Big... 

 Se queredes ver imaxes deste Euroentroido, premede neste   enlace. 

 GRAZAS A TODO O ALUMNADO que formou parte das   comparsas (2ºESOA_B_C_3ºESOA_3ºPMAR_4ºESOA), ao que colaborou na realización deste evento, ao Departamento de Imaxe Persoal pola súa caracterización das Tanxugueiras; en fin, a todas as persoas que  nos fixeron pasar uns momentos tan divertidos e agradables. 

BASES PARA PARTICIPAR NO CALENDARIO "O ANO DOS SENTIDOS"

Cartel concursoPoderá participar no concurso para elaborar o calendario do ano 2022  toda a comunidade educativa (preferentemente alumnado) do IES MURALLA ROMANA.

A temática do concurso será "O ANO DOS SENTIDOS". Non se publicarán nin aceptarán arquivos con contidos contrarios ao dereito á honra, á intimidade persoal e familiar ou á propia imaxe das persoas, nin ningún outro que sexa contrario á legalidade vixente.

As fotografías ou ilustracións presentaranse en formato dixital. Deben ser arquivos preferiblemente JPG ou PNG e con boa resolución (calidade), preferiblemente en formato apaisado. O peso do arquivo non debe superar un máximo de 10 Megabytes (10MB). O nome do arquivo incluirá o nome e primeiro apelido do autor/-a e a palabra elixida para o sentido que reflicte a fotografía/ilustración. Exemplo: NomeApelido_agarimoso.jpg.

Cada fotografía enviarase por correo electrónico ao enderezo durotraballo18@gmail.com co asunto da mensaxe “Calendario. O ano dos sentidos”. Tamén se poderán presentar as fotografías nun pendrive entregándoo en vicedirección.

O período de envío de fotografías remata o 30 de novembro de 2021, inclusive.

PASENIÑO IMOS DÁNDOLLE LUZ E COR Á BIBLIOTECA

O equipo de biblioteca do centro segue co obxectivo (comezado hai anos) de facer deste espazo o centro aglutinador de todas as actividades culturais que xurdan no IES Muralla Romana; porque sabe que ten a misión de engaiolar a toda a comunidade educativa (en especial ao alumnado) amosándolle que aquí encontrarán todas as respostas e gozarán de todo e con todo, porque eles e elas serán os/as autenticos/as protagonistas.

Deixámosvos cun vídeo que amosa o camiño que imos percorrendo... 

 

Grazas a todas as persoas que nos axudaron a facer este percorrido máis levadeiro, en especial ao alumnado. 

PROTOCOLO PARA USO DA BIBLIOTECA

O grupo de biblioteca, ante a pandemia que padecemos,  elaborou o seguinte protocolo para que toda a comunidade educativa poida seguir gozando da biblioteca dun xeito responsable e seguro. 

Para acceder ao texto, premer aquí. 

Tamén deseñou unhas fichas a cumprimentar polos/as usuarios/as co fin de telos/as identificados/as ante un posible brote.  

Distribuir contido


by Dr. Radut