ANPA
QUE É UNHA ANPA?
Asociación sen ánimo de lucro, formada polas nais e pais ou titores legais do centro educativo IES Monterroso, ca finalidade de participar e intervenir na xestión do centro, co fin de mellorar a educación e lograr un bo clima de convivencia.
MEMBROS EQUIPO DIRECTIVO 2021-2022
Despois da última Asemblea celebrada en setembro do 2021, saiu elexido un novo equipo directivo formado por:
- Ángel González Mollinedo (Presidenta)
- Ainhoa Seijas Castiñeira (Vicepresidenta)
- Nuria López Mate (Secretaria)
- Mercedes Varela Andón (Tesoureira)
- Rosana Conde Almuiña (Vicesecretaria)
- Belén Rodríguez Ares (Vogal)
- Lorena Novoa Carnero(Vogal)
- Ángeles Ojea Rodríguez (Vogal)
- Ana López Rodríguez (Vogal)
CAL É A NOSA FINALIDADE?
1.Asistir a nais, país e titores legais naquilo referente á educación dos nosos fillos e fillas así como no exercicio do dereito a intervir no control e xestión do centro.
2.Colaborar nas actividades complementarias.
3.Organizar actividades extraescolares, culturais e deportivas.
4.Incentivar e motivar a participación dos pais e nais no centro.
5.Promover programas específicos de formación para ás familias.
6.Representar a nais e pais do alumnado nas instancias educativas e outros organismos.
CALES SON OS BENEFICIOS?
1.Ter representación no Consello Escolar.
2.Mediar e ser o canle de comunicación co Equipo Directivo do IES Monterroso.
3.Descontos nas actividades organizadas pola ANPA.
4.Descontos nos comercios asociados para os fillos e fillas dos membros da ANPA:
Desconto para os titulares do carné en:
- Calzados Cris Abad
- Calzados Monterroso
- Librería D ́Papel
- Librería Meiga
- Otero Moda
- Triscos
- Marton Sport
- Mercería Gaseosas
- Dulces Sueños “Melide”
- Colorín Colorado “Lalín e Melide”
- La Coquette
- Gaspar Creaciones
- Eva Ríos
- Caprichos “Taboada”
- Jamex “Chantada”
- Óptica Feás
- Argalleiras
OBRADOIROS ORGANIZADOS
- “Baila Morena”. Obradoriro de iguladade (1º trimestre curso 2021-2022)
- A determinar obradoiros 2º e 3º trimestre.
TRABALLEMOS XUNTOS/AS POR UNHA EDUCACIÓN DE CALIDADE NO RURAL!
NON O DUBIDES FAITE SOCIO/A PODES CONTACTAR CON NÓS:
- E-mail: anpaiesmonterroso@gmail.com
- Teléfono: 623 06 89 06
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ANPA-2021.pdf | 79.66 KB |