Luns día 30 de xaneiro: Día da Paz

Luns día 30 de xaneiro: Día da Paz

Para conmemorar esta data tan especial, alumnos e profesores do IES de Monterroso, interpretaron á hora no recreo no Salón de Actos pezas musicais que nos emocionaron a todos. A primeira foi un coñecido fragmento da banda sonora de "A lista de Schindler" interpretada a piano, violín e violonchelo polos profesores de música, Carmen e Rodrigo, e a alumna Carmen Rapado de 1º de BAC.

Día da Paz

A continuación os mesmos intérpretes deleitáronnos co "Adagio"de Albinoni.

Día da Paz

Por último, alumnos de música de 3º ESO e 4º ESO remataron coa interpretación a flauta do "Himno da Alegría". Emotivos temas para un día coma o de hoxe.

Día da Paz