Un galego en Islandia, Elías Portela

O xoves 4 de febreiro, o poeta e tradutor Elías Portela compartiu experiencias co clube de lectura "Lector@s da Ulloa", formado por pais e nais do alumnado do IES Monterroso.

O libro motivo da reunión foi "Anxos do Universo" do autor islandés E.M. Gudmunsson, traducido ó galego polo xove cangués afincado en Islandia. Outras obras traducidas por Elías Portela son "Skugga Baldur de Sjón" e "Saga dos groenlandeses", "Saga de Erik o Rojo" editados por Rinoceronte.

Ademais de tradutor, Elías é poeta. Xa ten publicado dous poemarios en galego: "Imaxes na pel" e "Cos peitos desenchufados" e un en islandés, este último co sobrenome de Elías Knör. A prestixiosa revista británica "Poetry Review" recolleu hai uns meses a su obra coma un referente poético actual.

O clube de lectura "Lector@s da Ulloa", compartiu lectura e experiencias co autor nunha velada extraordinaria.

 

Velada con Elías Portela

Velada con Elías Portela

O clube de pais e nais do alumnado leva varios anos en funcionamento e forma parte das actividades da biblioteca do centro en relación co fomento da lectura. O IES Monterroso recibiu recentemente o 2º Premio a nivel estatal na categoría "Buenas prácticas en la biblioteca"