Skip to Content
   

En maio os alumnos de 4º estivemos facendo unha intermareal coa Illa dos Ratos. Compartiron con nos a sua sabedoría sobre este singular espazo de PuntaBalea

   
   

O mércores 24 de abril un grupo de 38 estudantes do IES Monte Carrasco participaron no Campionato Provincial de Orientación en Liña celebrado no Parque de Castrelos de Vigo...

   

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Concurso contos de medo

Concurso contos de medo

Concurso logo EDLG

Cartel EDLG

POLOS CREATIVOS

polos creativos

 

O IES Monte Carrasco quere compartir a satisfacción de que  se nos concedera o proxecto de innovación educativa, Polos Creativos, co proxecto titulado Das raíces ás estrelas.

 

No proxecto que presentou o centro e que ven de ser seleccionado, nunha posición número 11 dos 138 concedidos, formulamos un proxecto no que participarán de maneira interdisciplinaria as materias de bioloxía e xeoloxía, educación plástica visual e audiovisual, física e química, ciencias aplicadas,  lingua castelá, lingua galega, lingua inglesa, matemáticas, música, tecnoloxía e dixitalización, educación dixital e obradoiro de iniciativas emprendedoras.

O que se pretende é desenvolver os principios da economía circular a través da competencia dixital dentro do currículo da educación secundaria obrigatoria das materias participantes, fomentando tanto a cultura científico-tecnolóxica como unha visión humanística e artística. Partindo das boas prácticas do centro e da cultura da contorna, o proxecto fomentará o estudo e posta en práctica das técnicas agrícolas tradicionais da nosa contorna, técnicas agrícolas ecolóxicas e técnicas agrícolas de explotación. Ao tempo que difundimos prácticas que reducen a pegada da nosa acción sobre a contorna, estudando o funcionamento dunha composteira e a produción de diferentes téxtiles e fibras naturais e materiais reciclados. 

A comunidade escolar e as comunidades locais son parte esencial neste proxecto. As familias, en particular os avós e as avoas, traerán ao centro a súa sabedoría sobre agricultura tradicional e a elaboración de abonos a partir dos restos orgánicos. O centro difundirá e promoverá o uso das composteiras como método de redución de residuos orgánicos, entre as familias e as comunidades locais e asociacións da contorna. Cunha metodoloxía de aprendizaxe-servizo, o alumnado aprenderá ao mesmo tempo que devolve o coñecemento producido á comunidade, vencellando o currículo coa acción solidaria.

Con este proxecto de innovación, o centro quere darlle continuidade a moitos dos proxectos que xa viña desenvolvendo, dende unha perspectiva da filosofía da Lei Educativa que se está implantando, a LOMLOE, un aprendizaxe competencia, no Deseño Universal de Aprendizaxe e no aprendizaxe servizo, no contexto na Estratexia de Educación Dixital 2030.

ENCONTROS FORMATIVOS COAS FAMILIAS

Encontros coas familias

CURTA CONTRA VIOLENCIA DE XÉNERO

Xa está gravada a curta "Reto equivocado" con guión das alumnas de 1º ESO  Elda Melón Rodríguez, Nadia Rial Prach e Erika Rodal Rodríguez, gañador do concurso de curtas contra a violencia de xénero organizado polo  Centro de Información á Muller do Concello de Cangas, en colaboración coa empresa Andamiaxe.

Esperamos que vos guste!

Reto equivocado

 

 

 

-

ENTROIDO 2022

Cartel enntroido

 

Entroido ANPA

CONCURSO FACTURA DA LUZ

 

CONCURSO FACTURA DA LUZ

O Instituto Galego do Consumo e da Competencia convocou o concurso no marco da campaña “A TARIFA ELÉCTRICA”.

Entre os proxectos presentados seleccionáronse os 25 mellores traballos entre o alumnado de 4º da ESO.

Un dos proxectos premiado foi o presentado pola alumna de 4ºESO Antía Vilariño Camba.

Noraboa Antía!

Premio factura

CURTAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O Centro de Información á Muller do Concello de Cangas, en colaboración coa empresa Andamiaxe presenta o proxecto de Curtas contra a violencia de xénero. Este proxecto quedara aprazado pola pandemia e agora retómase.

O proxecto consiste en que o alumnado, en grupo, elabore guións para a rodaxe dunha curta contra a violencia machista, en concreto, a violencia sexual. O guión gañador será gravado e compartido con todos os centros participantes.

O IES Monte Carrasco participou co alumnado de 1º ESO, apoiado polas profesoras de Lingua Galega, Lucía Docampo, e Lingua Castelá, Monserrat López.  Organizado en grupos, presentaron os seus guións ao concurso, e un grupo de 1º ESO A resultou gañador coa curta "Reto equivocado" 

As alumnas que formaban o grupo gañador son: 

- Elda Melón Rodríguez.

- Nadia Rial Prach.

- Erika Rodal Rodríguez.

Agora, durante 3 días o equipo gañador e o alumnado de 1º ESO A participará na rodaxe da curta.

Noraboa ao alumnado de 1º ESO e as profesoras participantes. 

GAÑADORA CONCURSO LOGO PROXECTO EN PLAN SOSTIBLE

Parabens a Elda Melón Rodríguez de 1ºA, gañadora do concurso do logo En Plan Sostible.

  logo plan sostible

Distribuir contido


Información do Centro

IES MONTE CARRASCO

Rúa Monte Carrasco, 20

36940 Cangas, Pontevedra

Teléfono de contacto:

886 110 160

Correo electrónico: 

 ies.montecarrasco.cangas@edu.xunta.gal

Horario lectivo:

Luns, Mércores e Venres:

8:20 a 13:45

Martes e Xoves

8:20 a 14:50

Como chegar:

42º 16' 32,7" N    8º 47' 38,4" W

by Dr. Radut