Skip to Content

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Novas

EDUCACIÓN DIXITAL: MEDIACIÓN PARENTAL

EDUCACIÓN DIXITAL: MEDIACIÓN PARENTAL

LÍMITES E NORMAS ESENCIAIS PARA UN USO SEGURO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS

 O contacto dos menores con internet prodúcese cada vez mais cedo. Como país, debemos acompañalos e edúcalos dixitalmente para establecer normas e límites claros e consensuados para acadar un uso seguro e previr riscos (mal uso, dependencia, diminución do rendemento académico..)

  • Como responsables da educación do menor debemos coñecer as ferramentas e os programas e aplicacións que utilizan para poder guialos no uso correcto das mesmas.
  • Debemos ser o mellor exemplo para os nosos fillos: non esixir normas que nos non cumprimos.
  • Non prohibir; fomentar o uso responsable. Establecer regras e límites coa participación do menor: idades, horarios e normas de uso dentro e fora da casa. Fomentar con eles o diálogo e a confianza é unha das claves para evitar situacións indesexadas.
  • Os dispositivos deben ser de uso común na familia: evitar ordenador, televisión, tablet, videoconsola… na habitación do menor; pactar que deixe o móvil fora da habitación nas horas de estudo. A tecnoloxía non é un entretemento mais nin debe servir para aparcar aos nenos nela.
  • Controlar e limitar a utilización das cámaras web; establecer diferentes perfis nas redes sociais e organizar os contactos por grupos para verificar mellor con quen se comparten as cousas.
  • Ensínelle a manter a información persoal en privado: domicilio, nomes, teléfonos, horarios, colexio….e non facilitar datos persoais dos demais sen o seu consentimento.
  • Na rede hai que tratar aos demais como nos gustaría ser tratados: recórdelles que deben respectar aos demais; que non fagan o que non lles gustaría que lle fixeran; que non respondan ás provocacións e aos malos modos dos outros.
  • Ensínelle a protexer os seus dispositivos: contrasinais seguras e protección dos dispositivos con un plus de seguridade: antivirus, antimalware, bloqueo de publicidade...
  • Axúdelle a pensar criticamente: non todo é certo en internet. Comunicar ás autoridades as actividades sospeitosas ou ilegais que obsevemos  na rede.

 

IES MONTE CARRASCO. COORDINACIÓN TIC-ABALAR

Iniciamos unha nova sección na web do CENTRO, no apartado NOVAS TECNOLOXÍAS, na que poderán atopar entradas relacionadas coas novidades ao respecto do uso correcto e a seguridade na rede.

Revista da comunidade educativa

A Federeación de Anpas do Morrazo ven de por en marcha "Comunidade": a revista da comunidade educativa.

Podedes acceder a  ela e subscribirvos de xeito gratuíto:

Distribuir contido


by Dr. Radut