PROXECTOS NOS QUE PARTICIPA O CENTRO
O IES “Monte Carrasco” ven participando dende hai varios cursos, en diversos proxectos educativos, buscando sempre a mellora da calidade do ensino no noso centro, para acadar cada curso uns mellores resultados académicos .
- Plan de Seccións Bilingües: a materia de Música impártese en inglés nos cursos 2º, 3º e 4º ESO para o alumnado que voluntariamente escolle esa opción dende o curso 2003-04. A partir deste curso 2014-15, a materia de Ciencias da Natureza impártese en inglés nos cursos de 10 e 2º ESO. A coordinación deste programa está a cargo da profesora Carmen Amado Fuentes.
- Plan de Mellora de Biblioteca Escolares: Dende o curso 2009-2010, o centro está acaollido ao Plan de mellora de Bibliotecas escolares.A coordinadora deste Plan é a profesora Pilar Alonso Leivas.
- Proxecto Abalar. O Centro esta adscrito ao Proxecto Abalar dende o curso 2010-2011 e conta con catro aulas de 1º e 2º ESO equipadas co software e hardware informáticos precisos para integrar as novas tecnoloxías na práctica educativa. O profesorado do Centro realiza cada ano Proxectos de formación (PFAC) para desenvolver as metodoloxías precisas para garantir un proceso de ensino e aprendizaxe axeitado ás necesidades de formación dos nosos alumnos e alumnas. O coordinador do proxecto é o profesor José R. Vidal.