Skip to Content

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Orientación

.

 O departamento de orientación é un órgano de coordinación que ten como tarefa principal promover a orientación no centro, apoiando a labor do conxunto do profesorado en todas aquelas actuacións encamiñadas a asegurar a formación integral do alumnado, nos aspectos cognitivo, profesional, académico, social, emocional...

Así, a LOMLOE recolle nos seus principios, (f), a orientación educativa e profesional dos estudantes, como medio necesario para o logro dunha formación personalizada, que propicie unha educación integral en coñecementos, destrezas e valores.

 O Departamento de Orientación, organiza a súa actuación nos centros, nos seguintes ámbitos:

  • Orientación académica e profesional
  • Acción titorial
  • Atención á diversidade
  • Promoción dunha convivencia positiva
  • Benestar emocional do alumnado

A LOMLOE sitúa á orientación educativa  no marco da aprendizaxe ao longo da vida (artigo 5); da atención á diversidade, proporcionando a todo o alumnado unha educación acorde ás súas características e necesidades; acompañando a necesaria titoría persoal do alumnado.

Na Orde do 24 de Xullo de 1998, pola que se establece a organización e funcionamento da orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia, regulada polo Decreto 120/1998;  indícase que “os departamentos de orientación han de constituír dentro de cada centro o garante de que a orientación forma parte esencial da actividade educativa e de que se establece unha vía de asesoramento permanente ao profesorado, alumnado e ás familias.”

A composición do Departamento de Orientación para o curso 2022-23 é a seguinte:

  • Sonia Martínez Dios, ámbito socio – lingüístico.
  • Cristina Fernández Rivera, ámbito científico – tecnolóxico.
  • Mª Ester Iglesias Miranda, profesional de pedagoxía terapéutica. 
  • José Antonio Area Santiago, xefe do departamento de orientación do centro adscrito (CEIP San Roque)
  • Begoña Otero Riobó, orientadora escolar e xefa do departamento de Orientación.

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut