Skip to Content

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Fondo libros e axudas de material

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2024/2025

 

ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H)

O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto E-Dixgal está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto pero poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúna os requisitos establecido nesta Orde. TODO O ALUMNADO DO IES MONTE CARRASCO PARTICIPA EN E-DIXGAL POLO QUE AS FAMILIAS SOAMENTE SE PODERÁN SOLICITAR A AXUDA DE MATERIAL.

 

Tipo de axuda e alumnado que pode solicitala:

Axuda para adquirir material escolar: Poderá solicitala:

Ø  O alumnado pertencente a familias con renda per cápita igual ou inferior a 10.000€.

Ø  O alumnado que estea en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o alumnado de EE ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 % será beneficiario desta axuda de 75€ con independencia da renda.

 

Lugar de presentación:

As solicitudes (ED330B-anexos I e II) presentaranse preferiblemente por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia nos formularios normalizados dispoñibles na propia sede (https://sede.xunta.gal/portada). Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente no centro docente no que o alumno ou alumna estea admitido para o curso 2024/2025 e nos rexistros establecidos pola normativa reguladora do procedemento administrativo común. O formulario da solicitude tamén está dispoñible no centro educativo.

Presentarase unha única solicitude para todas as axudas e para todos os fillos/as admitidos no mesmo centro.  No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno ou alumna.

As axudas serán solicitadas polos pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado.

 

Prazo de presentación: do 21 de maio ao 21 de xuño.

RECOMENDAMOS A PRESENTACIÓN ANTES DO 14 DE XUÑO.

O alumnado que, unha vez transcorrido o prazo indicado, pase a estar en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia, se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos procedente de fóra de Galicia ou dun centro situado en Galicia pero non sostido con fondos públicos, o alumnado que repita 4º da ESO no curso 2024/2025 e aquel que non obteña praza na formación profesional básica e formalice a matrícula na ESO  poderá presentar a solicitude dentro do mes seguinte a formalización da súa matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2025.

 

Xunto coa solicitude achegarase esta documentación:

Ø  Anexo II (comprobación de datos dos membros computables de unidade familiar).

Ø  Copia do libro de familia onde figure o alumno ou alumna e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando os seguintes medios:

-     certificado ou volante de convivencia.

-    informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia que acredite a situación familiar.

Ø  De se lo caso, segundo corresponda:

-    certificado acreditativo da discapacidade, se non fose emitido pola Xunta.

-     documentación acreditativa da violencia de xénero.

-  resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada ou curatela.

-     resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

-    certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.

Ø  Cando non se autoricen as consultas telemáticas, ademais da anterior, achegarase a documentación acreditativa da identidade e grao de discapacidade. No caso da renda debera consentirse expresamente a súa consulta ou presentar a documentación acreditativa.

A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar esta documentación presencialmente no centro docente, debendo achegar fotocopias e os respectivos orixinais, para que a persoa que a reciba verifique a súa autenticidade.

 

Contía das axuda para a adquisición de material escolar :  

Renda per cápita ata 6.000€: 75€.

Renda per cápita superior a 6.000€ e inferior ou igual a 10.000€: 60€

 

Obrigas dos beneficiarios:

Destinar o importe do vale para material a adquirir o material escolar que necesite.

 

Renda per cápita familiar:

É a renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2022 dividida entre o número de membros computables.

Computarán por dous os membros da unidade familiar que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33%, ou a percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez ou a equivalente da clases pasivas.

A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteña ingresos. Na declaración do IRPF do exercicio fiscal 2022 sumaranse a base impoñible xeral (recadro 435) e a base impoñible do aforro (recadro 460). Cando non se presentase, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.

Nos casos de violencia de xénero quedarán excluídos do cómputo os ingresos do agresor.

 

Membros computables da unidade familiar:

a)    Os pais non separados legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, o titor ou titores do alumnado.

b)    Os fillos/as menores de idade, con excepción dos emancipados.

c)   Os fillos/as maiores de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada ou curatela.

d)    Os fillos/as solteiros menores de 25 anos que convivan no domicilio familiar.

e)   Os proxenitores separados legalmente ou divorciados con custodia compartida forman unha unidade familiar cos fillos que teñen en común.

f)     A persoa que, por novo matrimonio ou por convivencia en situación de unión de feito ou análoga, viva no domicilio familiar coa persoa proxenitora do alumnado,agás nos casos de custodia compartida.

Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e todos os fillos dos pais que convivan con eles e que reúnan os requisitos do punto anterior.

Non terá a consideración de membro computable:

a)    A persoa proxenitora que non conviva co alumnado nos casos de separación legal ou divorcio, agás no caso de custodia compartida.

b)    O agresor nos casos de violencia de xénero.

En todo caso, terase en conta a situación persoal e a composición da unidade familiar a 31 de decembro de 2022, salvo nos casos de violencia de xénero, falecemento dunha das persoas proxenitoras ou cando unha sentenza de separación ou divorcio posterior a esa data atribúa a custodia a un da persoas proxenitoras.

 

Máis información na páxina de FONDOLIBROS:

https://www.edu.xunta.gal/fondolibros

 

Listaxes provisionais e definitivas e entrega de vales de material:

Publicación da listaxe provisional: 12 de xullo. 

Período de reclamación: 15 e 16 de xullo.

Publicación da listaxe definitiva: 17 de xullo.

Recollida no centro do vale de material: do 18 ao 24 de xullo e do 2 ao 13 de setembro.

 

LISTADO PROVISIONAL E DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS NA AXUDA DE MATERIAL

Poderase consultar no taboleiro ou na conserxería do centro.

 


 

 

Distribuir contido


Información do Centro

IES MONTE CARRASCO

Rúa Monte Carrasco, 20

36940 Cangas, Pontevedra

Teléfono de contacto:

886 110 160

Correo electrónico: 

 ies.montecarrasco.cangas@edu.xunta.gal

Horario lectivo:

Luns, Mércores e Venres:

8:20 a 13:45

Martes e Xoves

8:20 a 14:50

Como chegar:

42º 16' 32,7" N    8º 47' 38,4" W

by Dr. Radut