Reserva, admisión e matrícula

Requisitos e prazos de matrícula

Curso 2019/2020

 

1º Fase: Reserva ou solicitude de admisión

RESERVA DE PRAZA:

 

Quen debe facela: O alumnado do centro adscrito, é dicir, do CEIP Plurilingüe San Roque de Darbo

Prazo: do 1 ao 15 de febreiro.

Como debe facerse: Os pais, nais ou titores legais do alumnado presentarán o formulario normalizado (ED550A) no centro de orixe no que cursan a Educación Primaria.

Logo das modificacións introducidas pola  ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG do 1 de febreiro de 2017) existen tres maneiras de formalizar a reserva de praza:

Ø  Encher o Anexo I que lle achegamos e presentalo no CEIP San Roque

Ø  Entrar na aplicación «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado), crear a solicitude, imprimila  e presentala no CEIP San Roque

Ø  Entrar na aplicación «admisionalumnado», descargar o formulario, enchelo e presentalo no CEIP San Roque

Ø  Entrar na aplicación «admisionalumnado» e presentar a solicitude telemáticamente na SEDE se dispoñen de certificado dixital ou chave365.

 

O formulario normalizado será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia e na aplicación «admisionalumnado».

Así mesmo, o alumnado e as familias poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes a través da aplicación informática «admisionalumnado» utilizando o código da solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

 

SOLICITUDE DE ADMISIÓN:

Quen debe facela: O alumnado de centros de Educación Primaria non adscritos e doutros centros de Educación Secundaria

Prazo: do 1 ao 20 de marzo.

Como debe facerse: Os pais, nais ou titores legais do alumnado deberán presentar o formulario normalizado (ED550B) de forma presencial neste centro educativo, xunto coa copia do DNI do alumno/a ou, no seu defecto, do Libro de Familia, ou de forma electrónica a través da aplicación admisión alumnado. Informarase da solicitude de admisión no centro de orixe.

Logo das modificacións introducidas pola  ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG do 1 de febreiro de 2017) existen catro maneiras de formalizar a solicitude de admisión:

Ø  Encher o Anexo II que lle achegamos e presentalo neste centro.

Ø  Entrar na aplicación «admisionalumnado»  (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado), descargar o formulario, enchelo e presentalo neste centro.

Ø  Entrar na aplicación «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado), crear a solicitude, xerar informe desta, asinala e presentala neste centro.

Ø  Entrar na aplicación «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado), crear a solicitude e presentala telemáticamente se dispoñen de certificado dixital, seguindo as instrucións do manual para as familias que atoparán na dita aplicación.

 

Cada alumno ou alumna só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, o incumprimento determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle. Ademais comunicará no centro de orixe a presentación da solicitude de admisión.

 

O alumnado con praza reservada no centro de adscripción, se presenta solicitude de admisión noutro centro deberá comunicar a renuncia á reserva no centro de adscripción antes do inicio do prazo do prazo de admisión.

 

Una vez presentada a solicitude no é posible modificar os centros relacionados nin a súa orde de prelación.

 

A renuncia á solicitude rexistrada, non permite presentar unha nova, polo que o alumno/a deberá escolarizarse conforme ao procedemento subsidiario.

 

A solicitude irá asinada polos dous proxenitores no caso de separación ou divorcio.

 

Así mesmo, o alumnado e as familias poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes a través da aplicación informática «admisionalumnado» utilizando o código da solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

Lista provisional de admitidos: antes do 25 de abril

Lista definitiva de admitidos: antes do 15 de maio

 

  2º Fase: Matrícula

O alumnado doutros centros, feita a reserva ou solicitada a admisión, ten que formalizar a matrícula.

O alumnado do IES Monte Carrasco tamén ten que formalizar a matrícula.

 

Prazo ordinario: do 25 ao 10 de xullo. Para todo o alumnado de primaria e o de secundaria con todas as materias aprobadas.

Por organización da carga de traballo, a secretaría do centro asigna os seguintes días: (pendente de determinar)

-         1º ESO:  de 9.30 a 13.00 horas

-         2º ESO:  de 9.30 a 13.00 horas

-         3º ESO:  de 9.30 a 13.00 horas

-         4º ESO:  de 9.30 a 13.00 horas

 

Prazo extraordinario: desde a entrega de boletíns ata o 10 de setembro. Para o alumnado de secundaria con materias pendentes.

Por organización da carga de traballo, a secretaría do centro asigna os seguintes días: (pendente de determinar)

-         1º ESO e 2º ESO: de 9.30 a 13.00 horas

-         3º ESO e 4º ESO: de 9.30 a 13.00 horas

 

Requisitos da matrícula:

Cubrir o anexo III (impreso de formalización de matrícula) e presentalo na secretaría deste centro dentro achegando a seguinte documentación:

 

ALUMNADO QUE PROCEDE DOUTROS CENTROS:

- 1 foto tamaño carné

- Copia do DNI ou no seu defecto, copia do libro de familia

- Copia da tarxeta sanitaria

- Copia da sentenza de separación ou divorcio, se é o caso

- Certificado académico ou boletín de notas

-Autorización para participar nas Seccións Bilingües, no caso do alumnado proposto

- No caso de matricularse en 3º ou 4º ESO, se no curso 2018/2019 foi beneficiario do fondo ou do vale de libros e este ano solicita novamente a axuda, achegarase o certificado da devolución de libros (solicitarase no centro de procedencia)

-No caso de que se matricule en 3º ou 4º ESO deberá cubrir o impreso de optativas e itinerarios que deberá solicitar ao matricularse

        -Autorización, no caso de conformidade, para o emprego do Tok App na xestión das comunicacións escolares

    -Comunicación relativa ao AbalarMóbil

 
PARA O ALUMNADO DESTE CENTRO:
     
      -Autorización para participar nas Seccións Bilingües, no caso do alumnado bilingüe
 
      -Copia do DNI, se o tivera renovado ou llo expediran no curso pasado
            
              

PARA TODO O ALUMNADO: Ademais da documentación anterior,

    -Os que se matriculen en 3º ESO ou 4º ESO no momento da entrega do anexo III farán o pagamento do seguro escolar (1.12 €),

 

 

Documentación para a matrícula:

(Pendente de achegar os arquivos)

Anexo III ( 1º ESO, 2º ESO, 3º ESO e 4º ESO)

Autorización Tok App

Paradas de bus

Autorización das Seccións Bilingües

Comunicación AbalarMóbil

Optatividade 3º ESO

Itinerarios 4º ESO

 

 

 


 

NORMATIVA REGULADORA: