Skip to Content

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN CURSO 2024/2025

 

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN CURSO 2024/2025

 

 1º Trámite: RESERVA E ADMISIÓN

 SOLICITUDE DE RESERVA:

Quen debe facela: O alumnado de 4º ESO que vaia cursar o Bacharelato no  IES María Soliño e o alumnado de 6º de EP do CEIP Plurilingüe San Roque de Darbo que vaia cursar a ESO no IES Monte Carrasco.

Prazo: do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro.

Como debe facerse: Os pais, nais ou titores legais do alumnado presentarán o formulario normalizado Anexo I e Anexo I bis (ED550A), de forma presencial no centro de orixe no que cursan 6º de EP ou 4º de ESO ou de forma electrónica, se dispoñen de certificado dixital ou Chave365, a través da aplicación admisión alumnado:

 (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado)

O formulario normalizado será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia e na aplicación «admisionalumnado».

Así mesmo, o alumnado e as familias poderán consultar na aplicación informática «admisionalumnado»:

¾   O cronograma coas datas dos trámites principais do procedemento de reserva, admisión ordinaria e matrícula.

¾    A previsión de postos escolares dispoñibles.

¾   O estado de tramitación da súa solicitude utilizando o número de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

¾  A listaxe do alumnado con posto reservado e a listaxe provisional e definitiva do alumnado admitido coa puntuación total e do alumnado non admitido, utilizando calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o certificado dixital e Chave365.

 

Publicación da listaxe definitiva de prazas de reserva asignadas: 22 de febreiro.

PUBLICADAS AS LISTAXES DEFINITIVAS DE RESERVA DE ALUMNADO 

Poden consultarse no taboleiro de anuncios do centro e en admisiónalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)

Todo ao alumnado de 6º de EP do CEIP Plurilingüe de San Roque que fixo a reserva ten praza asignada para 1º de ESO no IES Monte Carrasco.

Todo o alumnado de 4º ESO do IES Monte Carrasco que fixo reserva de praza para 1º de Bacharelato no IES María Soliño está admitido na modalidade elixida.

 

 

 

SOLICITUDE DE ADMISIÓN:

Quen debe facela: O alumnado de centros de Educación Primaria non adscritos e doutros centros de Educación Secundaria.

Prazo: do 1 ao 20 de marzo.

Como debe facerse: Os pais, nais ou titores legais do alumnado deberán presentar o formulario normalizado Anexo II (ED550B), de forma presencial neste centro educativo, xunto coa copia do DNI do alumno/a ou, no seu defecto, do Libro de Familia, ou de forma electrónica, se dispoñen de certificado dixital ou Chave365, a través da aplicación admisión alumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado). Informarase da solicitude de admisión no centro de orixe.

 

Todo o alumnado incluído no ámbito desta orde poderá presentar solicitude de admisión, pedindo ata seis (6) centros por orde de preferencia, e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar.

 

Despois de presentar unha solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente, indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse.

 

O alumnado que teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva no centro adscrito, isto é, no que está matriculado nese momento, e identificará o centro de adscrición que solicita.

 

En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a e ten carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela.

 

A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior e, así mesmo, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído) poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento ordinario de admisión.  

 

O alumnado e as familias poderán consultar a través da aplicación informática «admisionalumnado»:

a) O cronograma coas datas dos trámites principais do procedemento de reserva, admisión ordinaria e matrícula.

b) A previsión de postos escolares dispoñibles e as súas modificacións.

c) A relación do alumnado de cada curso, co número da solicitude de admisión asignado pola aplicación admisionalumnado no momento da súa gravación

d) O estado de tramitación da súa solicitude utilizando o número de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

e) A listaxe do alumnado con posto reservado e a listaxe provisional e definitiva      do alumnado admitido coa puntuación total e do alumnado non admitido, utilizando calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o certificado dixital e Chave365

Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 25 de abril.

Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 5 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación ante o consello escolar do centro.

Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: antes do 15 de maio.

Poderanse impugnar mediante recurso de alzada ante a Xefatura Territorial de Educación no prazo dun mes desde a publicación.

(Publicaremos as listaxes provisionais e definitivas no taboleiro de anuncios do centro)

 

2º Trámite: MATRÍCULA

 O alumnado doutros centros, feita a reserva ou solicitada a admisión, ten que formalizar a matrícula.

O alumnado do IES Monte Carrasco tamén ten que formalizar a matrícula.

Prazo: do 23 de xuño ao 7 de xullo. Para todo o alumnado de Educación Primaria e de Educación Secundaria.

A secretaría do centro asigna os seguintes días: 

-    1º ESO: luns, 1 de xullo, de 9.30 a 13.00 horas

-    2º ESO: xoves, 27 de xuño, de 9.30 a 13.00 horas

-    3º ESO: xoves, 27 de xuño, de 9.30 a 13.00 horas

-    4º ESO: martes, 2 de xullo, de 9.30 a 13.00 horas

 

Requisitos da matrícula:

Cubrir o anexo III (impreso de formalización de matrícula) e presentalo na secretaría deste centro dentro achegando a seguinte documentación:

ALUMNADO QUE PROCEDE DOUTROS CENTROS:

-     1 foto tamaño carné do alumno ou alumna.

-     Copia do DNI do alumno ou alumna ou no seu defecto, copia do libro de familia.

-     Copia da tarxeta sanitaria do alumno ou alumna.

-     Copia da sentenza de separación ou divorcio, se é o caso, e do convenio regulador onde conste a custodia.

-     Copia do boletín de notas do alumno ou alumna.

-     Autorización para participar nas Seccións Bilingües, no caso do alumnado proposto.

-     Comunicación relativa a aplicación AbalarMóbil.

-     Autorización para ás saídas pola contorna.

-     Autorización de uso da imaxe e de xestión no caso de enfermidade ou accidente escolar.

PARA O ALUMNADO DESTE CENTRO:

-     No caso de alumnado que tivera feito ou renovado o DNI no curso anterior copia deste.

-     No caso do alumnado que curse a opción bilingüe, autorización para participar nas Seccións Bilingües.

-     Cubrir a autorización de saídas pola contorna.

-     Cubrir a autorización de uso da imaxe e xestión no caso de enfermidade ou accidente escolar.

PARA TODO O ALUMNADO: Ademais da documentación anterior,

-     O alumnado que se matricule en 3º ESO ou 4º ESO, no momento da entrega do anexo III fará o pagamento do seguro escolar (1,12 €).

 

 

Documentación para a matrícula:

(pendente de actualización)

Anexo III ( 1º ESO, 2º ESO, 3º ESO e 4º ESO)

Paradas de bus

Autorización das Seccións Bilingües

Comunicación AbalarMóbil

Optatividade 3º ESO

Itinerarios e optatividade 4º ESO e 4º ESO PDC

Autorización das saídas pola contorna

Autorización uso da imaxe e xestión no caso de accidente ou enfermidade

Nota informativa da ANPA do centro

 

 

 


 

NORMATIVA REGULADORA: 

 


 

ÁREA DE INFLUENCIA:

Límites en zona urbana:

-    Avenida Vigo desde a Pedra Alta ata o Camiño Vello (números pares e impares)

-   Avenida Vigo desde o Camiño Vello en dirección Bueu (números pares)

-    Avenida da Coruña ata o cruce coa Avda. Lugo ata o campo do Alondras (edif. esquerda ata Verín)

-    Magdalena ata o río (Capela de San Blas)

 

VACANTES INICIAIS PARA O CURSO 2024/2025 

 (pendente de actualización)

 

CURSO

VACANTES

1º ESO

 14

2º ESO

 15

3º ESO

16

4º ESO

 13

       



page | by Dr. Radut