O mércores 24 de abril un grupo de 38 estudantes do IES Monte Carrasco participaron no Campionato Provincial de Orientación en Liña celebrado no Parque de Castrelos de Vigo dentro do Programa de Deporte Escolar de Xogade. Participaron en catro categorías, infantil feminino (2011-2010), infantil masculino (2011-2010), cadete feminino (2009-2008) e cadete masculino (2009-2008).
A cada participante se lle entrega un mapa e unha tarxeta de control electrónica. O mapa ten unha serie de controis polos que deben pasar. É unha actividade que combina a capacidade intelectual coa capacidade física, deben ser capaces de atopar todas as balizas na orde establecida no menor tempo posible. O noso alumnado desfrutou da actividade e as alumnas do IES Monte Carrasco Swen Iriarte Martens e María Sahuquillo Gallego acadaron o segundo e o terceiro posto respectivamente na clasificación individual de infantil feminino e Sandra Piñeiro Piñeiro acadou o segundo posto na clasificación de cadete feminino.