FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2018/2019

 

 

ORDE do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2018/19(DOG núm. 95 do 21 de maio de 2018)

 

 

Tipos de axudas:

ØParticipación no fondo solidario de libros de texto: poderá solicitala todo o alumnado con independencia da renda per cápita ata esgotar todos os libros dispoñibles no centro. Está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto o alumnado incluído no Proxecto E-Dixgal, é dicir, o alumnado que curse 1º e 2º de ESO no ano académico 2018/2019.

ØAxudas para adquirir material escolar: poderá solicitala o alumnado pertencente a familias con renda per cápita igual ou inferior a 5400€ e o alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65% ou tutelado pola Xunta.  O alumnado E-Dixgal tamén pode solicitala sempre que cumpra os demais requisitos.

 

Lugar de presentación:

As solicitudes (Anexo I) presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Opcionalmente, poderanse presentar no centro docente no que o alumno ou alumna estean admitidos para o curso 2018/2019.

Presentarase unha única solicitude para todas as axudas e para todos os fillos/as admitidos no mesmo centro.  No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno ou alumna.

As axudas serán solicitadas polos pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado.

 

Prazo de presentación: do 22 de maio ao 22 de xuño. RECOMENDAMOS A PRESENTACIÓN ANTES DO 15 DE XUÑO.

O alumnado que repita 4º da ESO no curso 2018/2019 e aquel que non obteña praza na formación profesional básica e formalice a matrícula na ESO tamén poderá presentar a solicitude dentro do mes seguinte a formalización da súa matrícula.

 

Xunto coa solicitude achegarase esta documentación:

Ø  Anexo II

Ø  Copia do libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar. Se non teñen libro de familia ou este non reflicte a  situación familiar a 31 de decembro de 2016 poderán acreditalo con:

-        sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do menor

-        certificado ou volante de convivencia

-        informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia que acredite a situación familiar

Ø  De se lo caso, segundo corresponda:

-        certificado acreditativo da discapacidade, se non fose emitido pola Xunta

-        documentación acreditativa da violencia de xénero

-        resolución xudicial de incapacitación con patria postestade prorrogada ou rehabilitada

-        resolución administrativa o xudicial de acollemento, tutela ou garda da Xunta

Ø  Cando non se autoricen as consultas telemáticas, ademais da anterior, achegarase a documentación acreditativa da identidade, renda familiar e grao de discapacidade.

Achegaranse os documentos orixinais ou copias cotexadas. No caso presentarse no centro docente, achegarase orixinal e copia para verificar a súa autenticidade.


Asignación de libros e contía das axuda para a adquisición de material escolar :

A asignación de libros do fondo efectuarase por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias. Terá preferencia o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%.

Esgotados os libros do fondo o centro adquirirá os necesarios para garantir:

- 6 libros ao alumnado con renda per cápita igual ou inferior a 5400€ e ao alumnado unha discapacidade igual ou superior ao 65%.

- 4 libros ao alumnado con renda per cápita superior a 5400€ e igual ou inferior a 9000€.

Axuda para a adquisición de material escolar será de 50€ para o alumnado con renda per cápita igual ou inferior a 5400€ e para o alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65% ou tutelado pola Xunta.

 

Obrigas dos beneficiarios

Ø  Devolver os libros de texto adquiridos coas axudas de libros ou recibidos do fondo solidario no curso 2017/2018. Queda excluído desta abriga o alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, cando os libros non se poidan reutilizar.

Ø  A falta de devolución será causa de exclusión da participación no fondo e das axudas para o curso 2018/2019.

Ø  Conservar en bo estado os libros recibidos do fondo para o curso 2018/2019 e devolvelos ao rematar este.

Ø  Destinar o importe do vale para material a adquirir o material escolar que necesite.

 

Renda per cápita familiar:

É a renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2016 dividida entre o número de membros computables.

Computarán por dous os membros da unidade familiar que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33%, ou a percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez ou a equivalente da clases pasivas.

A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteña ingresos. Na declaración do IRPF do exercicio fiscal 2016 sumaranse a base impoñible xeral (recadro 392) e a base impoñible do aforro (recadro 405). Cando non se presentase, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.

Nos casos de violencia de xénero quedarán excluídos do cómputo os ingresos do agresor.

 

Membros computables da unidade familiar:

a)    Os pais non separados legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, o titor ou titores do alumnado.

b)    Os fillos/as menores de idade, con excepción dos emancipados.

c)     Os fillos/as maiores de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

d)    Os fillos/as solteiros menores de 25 anos que convivan no domicilio familiar.

e)    A persoa proxenitora separada legalmente ou divorciada, cando haxa custodia compartida.

f)     A persoa que, por novo matrimonio ou por convivencia en situación de unión de feito ou análoga, viva no domicilio familiar coa persoa proxenitora do alumnado.

Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e todos os fillos dos pais que convivan con eles e que reúnan os requisitos do punto anterior.

Non terá a consideración de membro computable:

a)    A persoa proxenitora que non conviva co alumnado nos casos de separación legal ou divorcio, agás no caso de custodia compartida.

b)    O agresor nos caso de violencia de xénero.

En todo caso, terase en conta a situación persoal e a composición da unidade familiar a 31 de decembro de 2016, salvo nos casos de violencia de xénero.

 

Listaxes provisionais e definitivas, entrega de vales de material e distribución de libros:

Publicación da listaxe provisional: 12 de xullo. 

Período de reclamación: 13 e 14 de xullo.

Publicación da listaxe definitiva: 14 de setembro.

Os libros distribuiranse a partir do 17 de setembro.

O alumnado con todas as materias aprobadas poderá recoller o vale de material do 16 ao 20 de xullo. O alumnado con materias pendentes deberá recoller o vale de material a partir do 17 de setembro.

 

LISTADO PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS NO FONDO SOLIDARIO

Poderase consultar no portal da Xunta Fondo Libros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/) na pestana Cidadán ou ben no centro educativo presencial ou telefónicamente.

 

LISTADO PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS NA AXUDA DE MATERIAL

Poderase consultar no centro educativo presencial ou telefónicamente.

 

Powered by Drupal - Design by artinet